Observatorio das Diásporas : Liña de investigación

Ao longo das tres décadas de historia do IGADI, a cuestión migratoria estivo sempre presente, dende a reflexión sobre as migracións como fenómeno universal, ata a análise histórica dos movementos de poboación e da identidade de Galicia no exterior. A diáspora ten un rol específico e crítico nas políticas de acción exterior de Galicia por construír.
É por iso que, dado o compromiso global asumido desde os nosos Estatutots, a través do noso aliñeamento coas Nacións Unidas, e actualmente a Axenda 2030, outográmoslle un peso específico ao Pacto Mundial para as Migracións e ao papel da Organización Internacional das Migracións.
O Observatorio das Diásporas creará reflexión e coñecemento, contidos e actividades, para visibilizar e mellorar as capacidades e posibilidades dunha Diáspora Galega en rede do S.XXI.
Coordina: María Eugenia Álamos
Iria Méndez: ¿En qué consiste o programa de cooperación empresarial que se desenvolverá en Brasil, México e Venezuela? Xulio Ríos: Trátase de organizar cinco encontros cos principais sectores empresariais de Valencia e Caracas, en Venezuela; de Bahía e Sao Paulo, en Brasil; e de México DF. Os encontros enmárcanse na iniciativa dos Foros Bilaterais que …
Xulio Ríos: “A diáspora é o noso principal activo nunha sociedade globalizada” Ler máis »