Relacións Internacionais : Liña de investigación

A análise e prospectiva das relacións internacionais e a xeopolítica é un dos signos de identidade do IGADI desde o seu nacemento no 1991. Desde unha visión plural e inclusiva a Liña de Investigación aspira a dar seguimento, análise e información regular da sociedade internacional, priorizándoa sobre a opinión, construíndo pensamento estratéxico internacional galego.

Coordina: Daniel González Palau

A industria militar non dá abasto

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

O informe que o SIPRI (Instituto Internacional de Investigación para a Paz de Estocolmo) ven publicando dende 2015 a propósito da evolución do mercado mundial do armamento sorprendeu este ano ao dar conta dunha tendencia á baixa no volume de negocio das 100 maiores empresas do sector. Pero non é porque haxa menos demanda senón porque non dan abasto na produción.

Conmemoración polos falecidos no Festival Nova.

A “Directiva Aníbal” do exército israelí

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio

O sábado sete de outubro do 2023 [22 Tishrei, 5784 e yawm as-sabt, 22, Rabi’ al-Awwal, 1445 nos calendarios xudeos e islámico respectivamente] é unha data, outra máis, que quedará grabada a sangue, lume e chumbo nas páxinas máis tristeiras do Oriente Medio. Esa xornada, as Brigadas Ezzedin al Qassam, a milicia do Hamas, executou un ataque a gran escala contra diversos obxetivos que deuxou un ronsel de centenares de víctimas tanto militares coma civís.

Bandeira de Ucraína

Incerto comezo de 2024 para a guerra en Ucraína

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa

Desde o venres do 29 de decembro, Ucraína sofre os peores ataques aéreos desde o comezo da invasión rusa a gran escala. Utilízanse todo tipo de armas de ataque, incluídos drons, mísiles de cruceiro e balísticos. Cada día rexístranse decenas de mortos e centenares de feridos, destrucións en infraestruturas civís en Kíiv e outras cidades importantes. En cinco días, os rusos lanzaron uns 500 proxectís.

CdP 2023.12.b

De Prado

O doutor César de Prado realizou un mestrado en Economía e Xestión de Empresas Internacionais pola Universidade Autónoma de Madrid, e en 2002 doutorouse en política económica global, cunha tese sobre estándares tecnolóxicos, polo Instituto Universitario Europeo de Florencia (Italia). Posteriormente investigou e ensinou en universidades de Suecia, Xapón, España, Macau, China e Taiwán. Actualmente …

De Prado Ler máis »

chiberica 1

Chibérica: Portugal e España perante a China

En relación a China, Portugal e España comparten importantes valores similares. Por unha banda, unha relación histórica que constitúe un sólido piar da relación bilateral. Por outra banda, China é, en ambos os casos, un socio económico destacado, tanto se nos referimos ao intercambio comercial como aos investimentos, incluídos os problemas estruturais da relación. Así mesmo, politicamente, a proximidade mantense en niveis aceptables a pesar da desfavorable situación global recente. E, en xeral, permanece unha relación bastante ben tecida que se reflicte na persistencia dunha asociación estratéxica que asegure a fluidez do diálogo e dos intercambios a todos os niveis.

200604 joseph biden

Biden: Reelección y segundo mandato

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Estados Unidos

En nuestro anterior artículo “Biden: el factor edad en perspectiva” comentábamos las razones por las cuales, a pesar de que tendría 82 años al momento de iniciar un segundo mandato, Biden busca la reelección. En este, buscamos explicar las posibilidades de éxito de su candidatura y de su eventual presidencia. Las preguntas a responder son, por tanto, las siguientes: ¿Es la candidatura de Biden un error? ¿Estaría Biden en condiciones de ejercer un segundo mandato con lucidez y buenos resultados?

image 46

Parte IV: Nixeria, centro mundial de distribución de tráficos ilícitos

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros

O obxectivo desta serie de artigos é actualizar o panorama de fluxos ilícitos a nivel internacional. Con cada entrega, farase fincapé nun ben distinto: dende especies en perigo ata novas tendencias en narcotráfico. E, por suposto, quedará de manifesto a importancia das conexións transfronteirizas que afectan á natureza mesma de moitos destes fenómenos.