Unión Europea : Liña de investigación

A Unión Europea ten un impacto directo na autonomía galega desde a Adhesión en 1986. A maioría das políticas públicas e lexislación de competencia autonómica (medio ambiente, contratación pública, pesca e agricultura, transportes, etc.) teñen a súa orixe na lexislación comunitaria. A UE é tamén a principal fonte de fondos de investimento da autonomía galega: desde a entrada nas comunidades europeas, Galicia ten  sido o quinto maior receptor de Fondos Estruturais, totalizando o equivalente a un orzamento e medio da Xunta de Galicia. 

A Liña de Investigación en Unión Europea  do IGADI ten por tanto un carácter interdisciplinario e complementario coas liñas de investigación de paradiplomacia e economía. Igualmente se ben prioriza unha perspectiva galega no proceso de integración europea, acollerá tamén aportacións sobre este tema desde outros territorios e perspectivas. 

Coordinador: Serafín Pazos Vidal 

ods Wheel Transparent

A Agenda 2030 em Portugal e a cooperação UE-China

A 25 de setembro de 2015, em Nova Iorque, a Cimeira das Nações Unidas proclamou a vigência de uma nova agenda ambiciosa, centrada nos chamados cinco P’s: no planeta, na prosperidade, na paz, nas pessoas e nas parcerias. Transforming our world: the 2030 Agenda for Sustainable Development, mais comumente intitulada de Objetivos de Desenvolvimento Sustentável 2015–2030 (ODS), visa o alcance de todos os 17 objetivos previstos na resolução A/RES/70/1 e respetivas 169 metas “integradas e indivisíveis” (UN General Assembly, 2015).

Sande Veiga, Diego

O Secretario do IGADI, Diego Sande, gaña o XXVI Premio Colmeiro da EGAP

O Premio Manuel Colmeiro convócase pola Escola Galega de Administración Pública para destacar traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. Nesta ocasión premiou o traballo de Diego Sande “As políticas rexionais de innovación empresarial en Galiza. Análise de resultados no tecido produtivo a través do fondo tecnolóxico”.

eleccions 2024 xunta de gal

Prioridades da Acción Exterior galega logo do 18F

Estamos nunha campaña que malia catro lexislaturas monocores e os esforzos da oposición por reactivarse a paso rápido argumentando unha alternativa aínda por conformar non se apreciaban nas recentes ceas de Nadal o que se chama tensión electoral. En todo caso a labor fundacional do IGADI de analizar e avogar por unha decidida acción galega no exterior continúa e como non podía deixar de ser o caso tamén o faremos desta volta.

samoa

Acordo de Samoa

Logo dun periplo de cinco anos de negociación, a mediados do mes pasado asinouse o Acordo de Samoa, un texto xurídico de alcance global que dará cobertura xurídica durante os próximos 20 anos á cooperación da Unión Europea cos países dos bloques rexionais de Africa, o Pacífico e o Caribe, os chamados países ACP, arredor de temas coma os dereitos humanos, democracia e gobernanza, paz e seguridade, desenvolvemento humano e social, crecemento, desenvolvemento económico sostible, inclusivo e medioambiental, ademais de cambio climático, migracións e mobilidade.

Joe Biden e Ursula von der Leyen na reunión especial da OTAN ou do G7 de marzo de 2022. Fonte: Office of the President of the United States

Crer en Europa

Liñas de investigación Unión Europea Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa

Europa ten na crise de Oriente Medio unha oportunidade de ouro para exercer esa autonomía estratéxica que di pretender. Tristemente, o liderado da Unión Europea, de signo maioritariamente conservador nas súas principais institucións, navega na dirección contraria. O seguidismo estadounidense é suicida para a política europea. A ollos especialmente do Sur Global, pero tamén de moitos cidadáns da unión, Europa perde credibilidade a pasos axigantados.