Investigadorxs Asociadxs : Vinculación

davidreinero

Reinero González

(Nigrán, 1979) Licenciado en Xornalismo pola Universidad Pontificia de Salamanca e Master en Relacións Internacionais e Comunicación pola Universidad Complutense de Madrid. Colabora co Igadi desde 2001. Xornalista especializado en información política, en particular na fiscalización das administracións públicas. Traballa en Praza Pública (Praza.gal) tras pasar por El País, eldiario.es, Xornal de Galicia e Atántico …

Reinero González Ler máis »


Artigos de Reinero González, David

Arxentina, ¿A volta do populismo?

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Arxentina "e en xeral toda Latinoamérica" semella que non pode librarse do populismo. A última decisión do presidente De la Rúa así parece confirmalo. A súa intención é aprobar a reducción do chamado gasto político (salarios de cargos electos, financiamento dos partidos, etc.) a través dun referendo. Loxicamente, o futuro dunha medida asi está garantido …

Reinero González Ler máis »

Ménem perante o xuíz

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
A actualidade informativa arxentina continúa convulsionada. No medio da maior crise económica que vive o país dende finais dos oitenta, as decisións políticas e os autos xudiciais contribúen a alterar aínda máis a unha opinión pública extraordinariamente politizada. A última "bomba" informativa para os arxentinos é a decisión do xuíz federal Jorge Urso de imputar …

Reinero González Ler máis »

imgpunal

Martínez Puñal

Profesor emérito de Dereito Internacional da USC e membro do Consello Reitor do IGADI.

davidalvarado

Alvarado Roales

Politólogo, xornalista, escritor e consultor especializado no norte de África e mundo árabe, é investigador asociado do IGADI. O seu último libro é “Rif. De Abdelkrim a los indignados de Alhucemas” (2017, Ed. La Catarata)

torohardy

Toro Hardy

Naceu en Caracas, Venezuela. Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Venezuela, é doutor en Relacións Internacionais pola Escola de Diplomacia e Relacións Internacionais de Xenebra e conta cun máster en dereito internacional e economía internacional pola Universidade de Pensilvania e a Universidade Central de Venezuela, así como un posgrao en diplomacia e dereito do …

Toro Hardy Ler máis »

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Cachemira en cuestión

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
Todo comezou coa independencia de India e Paquistán (1947) que deixou sen solución algúns conflicos territoriais cun enorme potencial desestabilizador. Por aquel entón o maharaja hindú que dirixía o reino de Cachemira, cunha poboación maioritariamente musulmana, partidario da independencia, renuncia a unha proclamación secesionista ante o temor de que provoque unha rebelión popular que o …

Ríos Ler máis »

Colapso arxentino

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
A crise económica arxentina trascendeu ao terreo político coa demisión de varios ministros e do propio presidente, Fernando De la Rúa. Os disturbios protagonizados por sectores da poboación afectados directamente polas draconianas condicións impostas ao país polos mecanismos financeiros internacionais, deixaron tras de si máis de dúas ducias de mortos, e a paz social semella …

Ríos Ler máis »

Días do pasado

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
A xulgar polas declaracións efectuadas polo ex presidente de Belarús, Sytanislav Shushkévich, á xornalista Pilar Bonet, a disolución da URSS foi producto "inevitable" da casualidade, o froito dunha cacería sen programa político nos bosques de Belovesh, nas aforas de Minsk, que rematou coa entrega dunha gran peza a George Bush: a disolución da URSS e …

Ríos Ler máis »

Portugal: Derrota común

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A crise política orixinada no noso país veciño por mor dos resultados das eleccións municipais abre un escenario de reflexión importante no seo da esquerda portuguesa. O trunfo de Durâo Barroso explicase non tanto por méritos propios como polas insuficiencias do discurso político do Partido Socialista. Nin os propios militantes e seguidores do Partido Social …

Ríos Ler máis »

Portugal, cataclismo

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O cambio político aberto en Portugal cos resultados das eleccións municipais adquire a magnitude dun autentico cataclismo. É o inicio dun cambio total de escenario: o PSD non gañaba as eleccións municipais dende 1985 e as lexislativas dende 1991 (con Aníbal Cavaco Silva). Cunha derrota tan ampla (os socialistas quedan con 98 concellos fronte aos …

Ríos Ler máis »

Flocos balcánicos

Apartados xeográficos ARQUIVO Balcáns
Arrecia o debate sobre o futuro de Montenegro. O presidente Djukanovic insiste en propor a celebración dun referendo sobre a independencia para a próxima primavera, aceptando unicamente con carácter transitorio unha Unión renovada con Serbia, cualificada de funcional por algúns, sen máis fio común que a representación internacional e sempre que Belgrado admita a posterior …

Ríos Ler máis »

Montenegro: Europa contra o referendo

Apartados xeográficos ARQUIVO Balcáns
Máis calmado Tony Blair na súa febre diplomática a prol da multicoalición estadounidense contra o terrorismo internacional e aínda sen renunciar un ápice a un espacio gañado pero que formalmente non lle corresponde, Javier Solana, o auténtico responsable comunitario da PESC, desautorizado no fundamental por aquela vía de facto, trata de recuperar terreo movendo peza …

Ríos Ler máis »

A primeira derrota de Simeón Borisov

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
"Un rei no exilio soamente pode voltar como tal e nunca como turista", dixera a raíña Victoria Eugenia a propósito do derrocamento de Constantino de Grecia. Dende que dirixiu a súa "Carta ao pobo búlgaro" en maio de 1996, Simeón II de Bulgaria deixaba entrever a súa disponibilidade para mergullarse a fondo na vida política …

Ríos Ler máis »

Sen posguerra

Apartados xeográficos ARQUIVO Estados Unidos
Estados Unidos consolida a súa victoria en Afganistán, o poder talibán está destruido e os militantes de Al Qa’eda, acurralados e desperdigados, negocian a súa rendición máis difícil. A captura de Ben Laden pode ser cousa de pouco tempo. A tres meses dos atentados, o presidente Bush, en nome da defensa da paz e da …

Ríos Ler máis »

Taiwán, segunda volta

Apartados xeográficos China e o mundo chinés ARQUIVO
Houbo un tempo en que Taiwán, a illa Formosa, era algo máis que un lugar remoto e exótico aos ollos dos galegos. O orgullo de contemplar os nosos granitos en construccións emblemáticas do Oriente tiña en Taipei unha referencia mercantil ineludible. Nunha década, aquel 20,06% (1.044 millóns de pesetas), valor en 1991 das nosas exportacións …

Ríos Ler máis »