Economía : Liña de investigación

Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga

fotomiguelangel1

Martínez Pellitero

Economista e colaborador do IGADI. Conta con coñecementos aplicados nos estudos sobre desenvolvemento sostible, desigualdades socioeconómicas e procesos de transformación e cambio estrutural. Conta con xperiencia en integración da sustentabilidade no ámbito empresarial e desenvolvemento estratéxico, especialmente do marco de referencia de axenda 2030 e os 17 ods.

Martínez Pellitero Ler máis »

Eugenio Inocencio

Inocencio

Economista e Presidente da Associação de Turismo de Santiago (ATS). Foi embaixador de Cabo Verde en España, Portugal e Francia.

Inocencio Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é o Secretario do IGADI e coordinador da Liña de análise e investigación en Economía. É profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización e doutor en Economía e Empresa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É membro do Grupo POSMARK e do IDEGA. É Director do Diploma

Sande Veiga Ler máis »


Artigos de Sande Veiga, Diego

Os sectores enerxético e tecnolóxico son claves na expansión da industria galega en EEUU

Liñas de investigación Economía
O Sr. Senín Carbia Coucheiro é Xefe do Departamento de Enerxía, Aeroespazo e Smart Cities na Oficina Económica e Comercial de España en Los Angeles (EUA).Graduado en Administración e Dirección de Empresas e con Mestrado en Dirección e Xestión do Comercio Exterior pola Universidade de Santiago de Compostela.Anteriormente, traballou para empresas galegas como desarrollador de negocio e en departamentos de operacións de loxística internacional.

"A Cámara de Comercio de Compostela aposta pola promoción internacional", afirma a súa nova presidenta María País

Liñas de investigación Economía Paradiplomacia
María Pais, nada en Negreira, leva case unha década vinculada ao Grupo Quatrium (Logrosa Solucións), unha empresa que ofrece servizos globais dentro do sector farmacéutico e inmobiliario. Formada nas universidades de Santiago de Compostela e Barcelona, completou o seu currículum académico cunha formación en economía e intermediación inmobiliaria na UNED, e de marketing e ventas na ESADE. Ademais foi membro do Comité executivo do pleno anterior da Cámara de Comercio de Santiago.

Entrevista a Pablo Cabanelas "A diáspora é unha fortaleza económica para Galicia"

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Economía
Pablo Cabanelas Lorenzo é Profesor Titular do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo. Está adscrito á Escola Universitaria de Estudos Empresariais, na área de Comercialización e Investigación de Mercados. Forma parte do Grupo de Investigación de Organización do Coñecemento e na actualidade coordina o Mestrado Universitario en Comercio Internacional da mesma universidade.

Liña de investigación: Economía galega e relacións económicas internacionais

Liñas de investigación Economía
No momento actual a economía mundial atópase convulsa como consecuencia dunha multiplicidade de factores: a crise financeira de 2008 e a recente pandemia mundial son dous dos principais shocks acontecidos a nivel global nos últimos anos. En primeiro lugar, a última grande crise económica e sistémica do modelo de acumulación financiarizado sacudiu con intensidade á […]
Jesús Gamallo asinando no Libro de Visitas do IGADI, no 2019,

O Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ofrece ao IGADI a visión institucional sobre o desenvolvemento da Acción Exterior en Galicia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Economía
Jesús Gamallo Aller é Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea desde 2009. Naceu en Santiago de Compostela en 1961. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Cursou estudos correspondentes ao terceiro ciclo durante os cursos académicos 1986-87 e 1988-89 no programa de doutoramento “Dereito Autonómico e Comunitario Europeo”. […]
Isamara León de la Rosa, Raquel

Isamara León de la Rosa

É Directora do Observatorio de la Política China e parte do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior, na que coordenou o Tempo Exterior nº45 (xullo/decembro 2022) “Comercio e Relacións internacionais post-pandemia”. Doutora con distinción en Relacións Transpacíficas pola Universidade de Colima (México). Delegada mexicana da sección académica do programa “Ponte ao Futuro” do

Isamara León de la Rosa Ler máis »