Economía : Liña de investigación

Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga

fotomiguelangel1

Martínez Pellitero

Economista e colaborador do IGADI. Conta con coñecementos aplicados nos estudos sobre desenvolvemento sostible, desigualdades socioeconómicas e procesos de transformación e cambio estrutural. Conta con xperiencia en integración da sustentabilidade no ámbito empresarial e desenvolvemento estratéxico, especialmente do marco de referencia de axenda 2030 e os 17 ods.

Martínez Pellitero Ler máis »

Eugenio Inocencio

Inocencio

Economista e Presidente da Associação de Turismo de Santiago (ATS). Foi embaixador de Cabo Verde en España, Portugal e Francia.

Inocencio Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é o Secretario do IGADI e coordinador da Liña de análise e investigación en Economía. É profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización e doutor en Economía e Empresa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É membro do Grupo POSMARK e do IDEGA. É Director do Diploma

Sande Veiga Ler máis »


Artigos de Sande Veiga, Diego

O futuro da UE: Abordar o global desde o local

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Unión Europea Economía
A tendencia á multipolaridade a nivel global, manifestada a través da fragmentación das cadeas de valor, da transformación dixital, da configuración de tecnoestruturas con soberanía ancorada en diferentes territorios, ou na pugna polos recursos enerxéticos fai preciso que Europa reforce a súa presenza, cohesión interna e soberanía a escala global. Ao mesmo tempo, e de forma paradoxal, unha boa parte da súa capacidade para responder a estes desafíos depende do que ocorre en territorios concretos: cidades, áreas metropolitanas, rexións, espazos rurais, universidades, empresas e comunidades locais.
Hands giving and receiving Indonesian rupiah in an envelope, symbolizing financial transaction.

Canto custa socialmente a corrupción?

Liñas de investigación Economía
Despois da vivenda, as enquisas sitúan á corrupción como segundo dos grandes problemas do noso país. Mais, que se entende por corrupción? A RAE define o termo como a práctica consistente na utilización indebida ou ilícita das funcións dunha organización -pública ou privada- en proveito dos seus xestores. A esta achega, a RAG engade algúns sinónimos como descomposición, gangrena ou depravación. Se facemos a consulta do termo nos motores de procura máis empregados, os algoritmos acaban por ofrecer unha definición certamente intelixible -desviación de poder que procura obter beneficios persoais, afectando gravemente ás institucións e á cidadanía- mais que obvia deliberadamente calquera alusión explícita ao sector privado. Será que o algoritmo creado por grandes magnates tecnolóxicos transmite indirectamente que o fin xustifica os medios cando se trata de enriquecemento privado? En todo caso, sempre poderán trasladar a responsabilidade, por acción ou omisión, ao sector público.
Robotic arms in action within a modern industrial control room setting, showcasing technology and production.

Innovar, en que?

Liñas de investigación Economía
O verbo innovar é con frecuencia empregado como palabra comodín con certa lixeireza para referir calquera tipo de cambio, mellora, ou emprego da tecnoloxía, perdendo con isto a precisión do seu significado. Así, este verbo e as súas derivadas, coma o substantivo innovación ou o adxectivo innovador, son habitualmente repetidos en discursos, plans de empresa e de organismos públicos, no ámbito académico e, incluso, como atributos persoais, sen aportar un valor real ou medible ao discurso.
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX 2025-2029): Avances, límites e retos para un contexto internacional complexo

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
A Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) 2025-2029 constitúe un paso relevante na consolidación da acción exterior como política pública estruturada en Galicia. O presente artigo ofrece unha análise crítica da EGAEX, destacando aspectos positivos e limitacións en concreción estratéxica, capacidade executiva e adaptación ao novo contexto da economía internacional.
gmc, gmc pd4501, greyhound, america, collect, leisure time, hobby, modelling, model cars, transports, traffic, buses, antique car, greyhound, greyhound, greyhound, greyhound, greyhound, buses, buses

Monopolios, concentración sectorial e precariedade

Liñas de investigación Economía
O transporte en tren é fundamental a nivel estatal, e en Galicia vertebra o Eixo Atlántico, iso si, en agarda da unión en condicións co Norte de Portugal, que demora hai décadas polo centralismo de Madrid e Lisboa. Pero se hai un transporte que é relevante hoxe en día en Galicia a nivel de vertebración do territorio por causa do espallamento de núcleos de poboación, ese é o autobús, especialmente en ausencia dunha rede funcional de proximidade ferroviaria. Ata hai relativamente poucos anos, o sector do transporte en autobús estaba caracterizado por ser un sector moi atomizado, o que permitía conectar parte dos núcleos rurais con certa independencia respecto doutros traxectos interurbanos. Ademais, o modelo de pequenas empresas permitía fixar poboación e crear valor noutras localidades diferentes das cidades, certo que ás veces a custo de perder certa eficiencia económica. Mais nos últimos anos foise producindo no sector do transporte en autobús unha concentración do mercado pola vía de transmisións de titularidades, compras ou fusións, que foron expulsando do mercado ás empresas pequenas e medianas. Ademais, as licitacións e conformacións de unións temporais de empresas foron favorecendo estas dinámicas.
A web developer working on code in a modern office setting with multiple devices.

Balizas para a innovación das empresas galegas en 2026

Liñas de investigación Economía
Desde o primeiro día de xaneiro de 2026 a Dirección Xeral de Tráfico considera obrigatorio o emprego das novas balizas V16. Estas luces de emerxencia obrigatorias emiten unha luz amarelo auto en 360º, cunha potencia de entre 40 e 700 candeas e que as fai visibles a un quilómetro de distancia. O orixinal deste dispositivo é que aos 100 segundos de activación, transmite a tráfico a súa xeolocalización e emite ese sinal cada  100 segundos para que a DXT saiba en que punto se localiza o vehículo detido. Claro, se atendemos á definición da RAG, unha baliza é un sinal destinado a guiar o tráfico indicando os puntos ou ruta a seguir ou evitar.

A Guera de Irán: Arxelia, efecto bolboreta e multilateralismo

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais Economía
As razóns permanentemente cambiantes e non baseadas en feitos constrastados levan a que ninguén poida hoxe explicar con seguridade cales son os motivos reais da actual guerra en Irán. Mentres, Israel bombardea ao Líbano, gañando terreo no sur do país. Estamos tamén na véspera do vindeiro cumio en Beijing entre Xi Jinping e Donald Trump. Este último, semella perdido nunha fuxida cara adiante cuxo único aliado é Netanyahu. A falta de recuperación da economía norteamericana, acompañada pola perda de popularidade interna dos republicanos, xunto á publicación dos papeis de Epstein e as próximas eleccións estadounidenses de metade de período pairan no horizonte. Mentres todo isto acontece, os civís iranianos e libaneses deben soportar o medo e as agresións externas, e o resto do mundo a escalada da inflación. Ninguén no seu san xuízo pode defender a violencia asimétrica sobre a poboación como medio para impoñer un discurso.
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Perspectivas da economía mundial e Galicia para 2026

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais Economía
O ano 2026 presentábase de inicio como un exercicio de transición: nin estamos xa na fase máis aguda das crises acumuladas dos últimos quince anos, nin se pode falar dunha estabilidade plena. Pero a economía internacional móvese nun equilibrio fráxil entre a recuperación, a fragmentación xeopolítica e a transformación estrutural. Proba diso son os recentes acontecementos en Oriente Medio. Ata o comezo da guerra ilegal de Irán, impulsada polo binomio Trump-Netanyahu, albiscándose un horizonte económico de recuperación en Europa. Non obstante, a escalada dos prezos do petróleo ameaza con estender unha mancha negra no horizonte a curto e medio prazo. A duración deste conflito -ou outros derivados que puidesen xurdir- marcará a evolución económica no presente exercicio. Mentres tanto, podemos sinalar algunhas tendencias na economía global.
Isamara León de la Rosa, Raquel

Isamara León de la Rosa

É Directora do Observatorio de la Política China e parte do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior, na que coordenou o Tempo Exterior nº45 (xullo/decembro 2022) “Comercio e Relacións internacionais post-pandemia”. Doutora con distinción en Relacións Transpacíficas pola Universidade de Colima (México). Delegada mexicana da sección académica do programa “Ponte ao Futuro” do

Isamara León de la Rosa Ler máis »