Economía : Liña de investigación

Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga

fotomiguelangel1

Martínez Pellitero

Economista e colaborador do IGADI. Conta con coñecementos aplicados nos estudos sobre desenvolvemento sostible, desigualdades socioeconómicas e procesos de transformación e cambio estrutural. Conta con xperiencia en integración da sustentabilidade no ámbito empresarial e desenvolvemento estratéxico, especialmente do marco de referencia de axenda 2030 e os 17 ods.

Martínez Pellitero Ler máis »


Artigos de Martínez Pellitero, Miguel Ángel

A Política Pesqueira Común: cara unha nova reforma?

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Economía
O sector económico e produtivo vinculado ao mar foi historicamente un dos tractores da transformación económica e social de todos os países costeiros en Europa, e polo tanto tamén na Galiza. Desta forma, dende as súa orixe, a Unión Europea foi lexislando as diferentes actividades económicas relacionadas coa produción e transformación de alimentos do mar, […]
Eugenio Inocencio

Inocencio

Economista e Presidente da Associação de Turismo de Santiago (ATS). Foi embaixador de Cabo Verde en España, Portugal e Francia.

Inocencio Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é o Secretario do IGADI e coordinador da Liña de análise e investigación en Economía. É profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización e doutor en Economía e Empresa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É membro do Grupo POSMARK e do IDEGA. É Director do Diploma

Sande Veiga Ler máis »


Artigos de Sande Veiga, Diego

Unha revisión crítica dos ODS

O peche do ciclos dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) deu paso a que o 25 de setembro de 2015 a ONU adoptase unha nova lista de metas: os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Con vixencia ata o ano 2030, esta lista concretouse en 17 obxectivos xenéricos (táboa 1), que se materializan en 169 metas medibles e 230 indicadores.

Os últimos movementos do sector eólico en Galicia en clave económica

Liñas de investigación Economía
A pesar de que a influencia das enerxías renovables no prezo da enerxía é aínda limitada (este fíxase pola última unidade consumida, habitualmente de combustibles fósiles), a recente proliferación de informacións sobre o sector eólico leva á necesidade de explicar os últimos sucesos que o incumben en clave económica.

"A economía e a sociedade galega demostraron a súa capacidade para a internacionalización" Entrevista a Félix Puime

Félix Puime Guillén é Profesor Permanente Laboral e Coordinador do Grado de Relacións Internacionais na Facultade de Humanidades, no Campus Industrial de Ferrol, Universidade da Coruña. ENTREVISTA 1. Como coordinador do Grao en Relacións Internacionais da Universidade da Coruña, cales son os principais retos que afronta a titulación neste momento? Al tratarse de un nuevo […]

"A diversificación das exportacións, o investimento en innovación e tecnoloxía, e a promoción da marca Galicia, as chaves para a internacionalización das empresas galegas"

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa é doutor en C.C. Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Acumula 43 anos de experiencia no sector de conservación de produtos da pesca e da acuicultura. Entre os cargos máis destacables que desempeñou figuran o de presidente da Asociación de Centros Tecnolóxicos de Galicia (ATIGA), presidente de EUROTHON - organización europea que agrupa a toda a industria atunera comunitaria a nivel tanto de frota como de transformación - é membro do Consello de Administración da Asociación de Industrias da Pesca da UE (AIPCE), entre outros.

A dualidade dixitalización-medio ambiente

Liñas de investigación Economía
Denomínase como contaminación dixital ás emisións de carbono resultantes da actividade dixital. Estas produciríanse por múltiples motivos: desde o consumo dos centros de datos, ata a transmisión dos propios datos, ou o dos dispositivos que manexamos diario. Calcúlase que o emprego anual mundial de internet consume arredor de 416,2 TWh (o teravatio-hora equivale a un billón de vatios-hora), un consumo eléctrico superior ao de países como o Reino Unido.

A Nova Orde Económica Mundial

O 14 de decembro de 2022 a ONU publicaba na súa web o resultado da votación para a adopción da resolución “Cara unha Nova Orde Económica Internacional”: aprobada con 123 votos a favor e 50 en contra, cunha abstención (Turquía).
Isamara León de la Rosa, Raquel

Isamara León de la Rosa

É Directora do Observatorio de la Política China e parte do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior, na que coordenou o Tempo Exterior nº45 (xullo/decembro 2022) “Comercio e Relacións internacionais post-pandemia”. Doutora con distinción en Relacións Transpacíficas pola Universidade de Colima (México). Delegada mexicana da sección académica do programa “Ponte ao Futuro” do

Isamara León de la Rosa Ler máis »


Artigos de Isamara León de la Rosa, Raquel

Ficha da analista Patricia Obando na Campaña do 8M do Observatorio de la Política China

Mujeres en los estudios chinos

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Observatorio de la Política China
En el marco del 8M y de la visibilidad de la mujer en la ciencia, desde el Observatorio de la Política China se lanza una campaña que permita a toda la comunidad que sigue el trabajo del observatorio a conocer a investigadoras de la región. Esto con el fin de promover su trabajo y reconocer […]
Ficha da analista Patricia Obando na Campaña do 8M do Observatorio de la Política China

Mulleres nos estudos chineses

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Observatorio de la Política China
No marco do 8M e a visibilización da muller na ciencia, o Observatorio de la Política China (OPCh) pon en marcha unha campaña que permite que toda a comunidade que segue o traballo do Observatorio coñeza investigadoras do ámbito iberoamericano. Isto co fin de promocionar o seu traballo e recoñecer a súa traxectoria nos estudos […]