Economía : Liña de investigación

Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga

fotomiguelangel1

Martínez Pellitero

Economista e colaborador do IGADI. Conta con coñecementos aplicados nos estudos sobre desenvolvemento sostible, desigualdades socioeconómicas e procesos de transformación e cambio estrutural. Conta con xperiencia en integración da sustentabilidade no ámbito empresarial e desenvolvemento estratéxico, especialmente do marco de referencia de axenda 2030 e os 17 ods.

Martínez Pellitero Ler máis »

Eugenio Inocencio

Inocencio

Economista e Presidente da Associação de Turismo de Santiago (ATS). Foi embaixador de Cabo Verde en España, Portugal e Francia.

Inocencio Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é o Secretario do IGADI e coordinador da Liña de análise e investigación en Economía. É profesor do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización e doutor en Economía e Empresa da Universidade de Santiago de Compostela (USC). É membro do Grupo POSMARK e do IDEGA. É Director do Diploma

Sande Veiga Ler máis »


Artigos de Sande Veiga, Diego

España e Galicia, similitudes e diferenzas na definición estratéxica da Acción Exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
Se nas últimas edicións do Informe Nós No Mundo puxemos o acento na necesidade de activar a Lei de Acción Exterior de Galicia, publicada no DOG no 2021, este ano centramos o foco na nova Estratexia Galega de Acción Exterior 2025-2029. Despois de catro anos de preparación pública, oficializouse en marzo do 2025, sendo o primeiro marco estratéxico da nosa Acción Exterior trala aprobación da Lei no 2021.

Macau, estratéxico para a economía galega?

As primeiras evidencias da cultura chinesa en Macau datan entre 4000 e 6000 anos. Tras formar parte durante diferentes dinastías da provincia de Cantón, de Nanhai e Dongguan, no século XII pasou a depender administrativamente do novo distrito de Xiangshan. Pero Macao non se desenvolveu como establecemento importante ata a chegada dos portugueses en 1513. Pero non foi ata 1553 que comezou a presenza permanente lusa en Macao, cando comezaron a establecer almacéns de comercio en terra. Tanto comerciantes portugueses como chineses afluíron a Macao, que rapidamente se converteu nun polo importante no desenvolvemento do comercio de Portugal con India, China do sur, Xapón, e Sueste Asiático. Máis tarde, Macao foi alugado por Portugal ao Imperio chinés como porto comercial (1557), os portugueses pasaron a administrar a cidade durante máis de tres séculos baixo autoridade e soberanía de China. A pesar do trunfo español na batalla de Alcántara (1580), da unificación ibérica e o recoñecemento da soberanía de Felipe II, Macao mantivo a súa autonomía, o seu comercio e a bandeira de Portugal.
flags, heralds, heradlry, banners, national flags, international flags

España e Galicia fronte á nova (des)orde internacional

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Economía Paradiplomacia
A publicación recente da Estratexia de Acción Exterior de España 2025-2029 e da Estratexia Galega de Acción Exterior (Egaex) 2025-2029 supón unha oportunidade única para analizar como se proxectan internacionalmente dous niveis de goberno nun escenario caracterizado pola inestabilidade, os cambios estruturais e a crecente competencia. Aínda que ambas comparten certos principios -a necesidade de resiliencia, diversificación e cooperación-, as súas prioridades, enfoques e obxectivos presentan diferenzas notables que reflicten ambicións diferenciadas.
shinkansen, bullet train, railway station, train station, express train, platform, railway, railroad, travel, train, transport, vehicle, high speed, fast, modern, kyoto, japan, shinkansen, bullet train, bullet train, train, train, train, train, train, japan, japan

Educación, innovación, alta velocidade e xeoconomía de China

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Este curso 2025/2026 marca un fito no sistema universitario de Galicia. Por primeira vez existirán estudos de posgrao con centro en China. Isto acontece grazas á posta en marcha, tras moito traballo, do novo e pioneiro Diploma de Especialista en Economía e Política China da Universidade de Santiago de Compostela.
pexels-photo-33376675-33376675.jpg

A economía de China, entre o descoñecemento e a hipocrisía occidental

Apartados xeográficos Asia
Coñecer a economía e política de China é crucial para comprender as mudanzas da dinámica global nas últimas décadas. China é hoxe unha realidade no grupo de países que exercen o liderado mundial, o que unido ao tamaño do país, ao seu desenvolvemento tecnolóxico e á súa influencia internacional fan que sexa un obxecto de crecente interese a nivel económico, político, institucional e académico.

Entrevista a Diego Sande, profesor da USC e coordenador da liña de Economía do IGADI: "Se algún país está a ser relevante durante as últimas décadas nas mudanzas globais é China"

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
O IGADI colabora co Diploma, co asesoramento do noso fundador e Presidente de Honra, Xulio Ríos, e a participación de investigadoras e investigadores do Observatorio de la Política China.

Estamos preparados para o liderado global de China?

Coñecer a economía e política de China é crucial para comprender a dinámica global. China é hoxe unha realidade no grupo de países que exercen o liderado mundial, o que unido ao tamaño do país, ao seu desenvolvemento tecnolóxico e á súa influencia política economía fan que sexa un obxecto de estudo de crecente interese. […]
Xeopolítica Eurasia

O ensino da Xeopolítica desde a Economía

A xeopolítica, entendida como a disciplina que estuda a disposición do espazo e o seu impacto político, evolucionou desde o seu enfoque tradicional ata converterse nun campo multidisciplinar. Un campo que, segundo recollen diversos estudos, inclúe a interrelación entre políticas públicas, economía e dinámicas globais. Desta maneira, os novos enfoques sobre a xeopolítica tratan de reflectir a crecente complexidade das relacións internacionais e a interdependencia dos Estados nun contexto globalizado.

O intercambio tecnolóxico España-China

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Economía
Tras o establecemento de relacións diplomáticas entre España e China fai xa cinco décadas, o intercambio tecnolóxico entre España e China foi un dos piares máis dinámicos da súa relación bilateral, especialmente durante o últimos vinte anos. A través da colaboración en sectores como as enerxías renovables, a intelixencia artificial e a biotecnoloxía, ambos os […]

Crónica desde o Monte do Gozo: África desángrase

Apartados xeográficos Outros
Son as seis da tarde dun venres. Estou no interior dun dos módulos das instalacións do Monte do Gozo, en Santiago do Compostela. En concreto, atópome da zona do comedor. As portas abren e asoma un grupo de mozos, inicialmente tímidos. Habib (para protexer algúns datos das persoas, os nomes son ficticios) senta nunha das mesas redondas que hai no espazo reservado para o almorzo. Outros tres compañeiros que entran con el fan o mesmo. Observan ao seu arredor e escriben desde os seus móbiles. A mensaxe posiblemente vai dirixida aos seus compañeiros de módulo, indicando que todo está en orde, que simplemente hai alí uns voluntarios agardando á súa chegada. Ao pouco, as portas volven abrir e entra outro novo grupo de acollidos, e outro máis numeroso ao pouco.
Isamara León de la Rosa, Raquel

Isamara León de la Rosa

É Directora do Observatorio de la Política China e parte do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior, na que coordenou o Tempo Exterior nº45 (xullo/decembro 2022) “Comercio e Relacións internacionais post-pandemia”. Doutora con distinción en Relacións Transpacíficas pola Universidade de Colima (México). Delegada mexicana da sección académica do programa “Ponte ao Futuro” do

Isamara León de la Rosa Ler máis »