Observatorio das Diásporas : Liña de investigación

Ao longo das tres décadas de historia do IGADI, a cuestión migratoria estivo sempre presente, dende a reflexión sobre as migracións como fenómeno universal, ata a análise histórica dos movementos de poboación e da identidade de Galicia no exterior. A diáspora ten un rol específico e crítico nas políticas de acción exterior de Galicia por construír.

Segue a IV edición da Coruña Global

Como foi a Gala da Coruña Global?

Podes ver na IGADI TV a Gala da Coruña Global celebrada o 18 de decembro na DOMUS. Subscríbete! Con Yolanda Castaño e Touriñán conducindo a volta ao mundo! Con Arturo Lezcano, Sofía Toro, Miguel Otero, Moisés Canle, Alfonso Gómez Crus… 

Como foi a Gala da Coruña Global? Ler máis »

capital relacional

(II) Diáspora: Capital relacional

Entender a diáspora como capital relacional implica concibila non como unha colectividade dispersa no mundo, senón como unha infraestrutura de vínculos: unha rede de relacións sociais, profesionais, económicas, culturais e institucionais que, se é activada con intelixencia, funciona como un recurso estratéxico de primeira orde.

(II) Diáspora: Capital relacional Ler máis »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Durante a Presidencia de Manuel Fraga o IGADI xestionou os Foros Bilaterais para identificar as redes de conexión de Galicia coa súa diáspora.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia

Hoxendía, contar cunha axenda exterior é un trazo indispensable en calquera ámbito, dende a empresa, a cultura ou a política. Nese contexto, para Galicia, contar cunha diáspora constitúe un activo estratéxico de primeira orde e, en moitos casos, unha das palancas máis eficientes —e menos custosas— para proxectar influencia, visibilidade e interese nacional no exterior. Contar cunha diáspora significa dispoñer dunha rede mundial informal que complementa e ás veces supera a diplomacia tradicional. Supón ampliar o alcance internacional dun país, diversificar voces e engadir capas de lexitimidade social ás relacións exteriores. Enriquécese a acción exterior porque a fai máis humana, máis plural e máis conectada co mundo real, fóra das loxísticas ríxidas e dos discursos oficiais.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia Ler máis »

O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, na Sala Castelao da sede social onde se custodia o cadro “A derradeira leición do mestre” pintada en homenaxe a Alexandre Bóveda.

Especial Ano Castelao (XXIII) José María Vila Alén propón un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora e incorporar a historia da emigración nos contidos educativos

O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, fai balance do Ano Castelao e destaca que se ten acadado un recoñecemento “definitivo” da figura do rianxeiro como precursor dunha Galicia Autonómica e como pensador dunha cartografía para “non perderse”.

Especial Ano Castelao (XXIII) José María Vila Alén propón un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora e incorporar a historia da emigración nos contidos educativos Ler máis »

Carlos Ameijeiras Miñones, presidente da Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión.

Especial Ano Castelao (XXII) ABC de Corcubión reclama a inclusión da asignatura “Historia da emigración galega” nos centros de ensino para que as novas xeracións coñezan a xesta patriótica dos galegos do exterior

O presidente da Asociación Benéfica e Cultural de Corcubión, Carlos Ameijeiras Miñones, vén de reiterar o seu pedido de que se inclúa na currícula educativa galega unha asignatura específica sobre a “historia da emigración” para que as mozas e os mozos de Galicia coñezan a xesta patriótica dos exiliados e dos emigrantes galegos. Fíxoo no marco desta entrevista sobre a iniciativa para reivindicar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como primeiro presidente de Galicia e na que destaca o papel das entidades de emigrantes de Arxentina e Uruguai no apoio ao rianxeiro e á causa galeguista para restituír un goberno democrático.

Especial Ano Castelao (XXII) ABC de Corcubión reclama a inclusión da asignatura “Historia da emigración galega” nos centros de ensino para que as novas xeracións coñezan a xesta patriótica dos galegos do exterior Ler máis »

DIEGO OLIVER XEITO NOVO

Especial Ano Castelao (XXI) “Castelao é a figura que se asocia coa unidade e que contaxia galeguidade sen discusión”, asegura Diego Oliver de Xeito Novo

Xeito Novo foi o primeiro grupo de música folk de Arxentina e a súa actividade de difusión da cultura galega móvese na sociedade máis alá das fronteiras da colectividade. A Fundación naceu en 1984 para dar a coñecer cantos, bailes, ritmos, instrumentos, formas interpretativas e vestiarios tradicionais galegos recollidos nas súas propias investigacións. Así mesmo, apostan pola fusión e a innovación nos formatos musicais que interpretan no circuito musical arxentino. Entrevistamos a Diego Oliver, integrante da agrupación, para coñecer como están a vivir o Ano Castelao.

Especial Ano Castelao (XXI) “Castelao é a figura que se asocia coa unidade e que contaxia galeguidade sen discusión”, asegura Diego Oliver de Xeito Novo Ler máis »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
bernardo rey retrato

Especial Ano Castelao (XX) “Aínda que non é a Galicia ideal, creo que Castelao estaría contento de ver como a Galicia Universal medra”, afirma Bernardo Rey, presidente do Fogar Galego para anciáns de Domselaar

Cando o Ano Castelao se asoma á meta logo de relatorios, actividades, reivindicacións e homenaxes, estes días vén de anunciarse que a obra pictórica máis icónica do rianxeiro “A derradeira leición do mestre”, que ilustra a barbarie fascista que asasinou a Alexandre Bóveda, exporase no verán do norte en Pontevedra. Segundo a Directora do Museo de Pontaevedra, Ángeles Tilve, trátase dunha colaboración institucional entre a Deputación de Pontevedra e o Centro Galicia de Buenos Aires “que suma” para abrir unha vía de cooperación que en beneficio de todos os galegos e que servirá para difundir a obra e o seu contexto da creación, que denuncia e homenaxe a Bóveda cando rematan os 12 meses dedicados á figura de Castelao e se cumpren 80 anos do golpe de Estado do 36.

Especial Ano Castelao (XX) “Aínda que non é a Galicia ideal, creo que Castelao estaría contento de ver como a Galicia Universal medra”, afirma Bernardo Rey, presidente do Fogar Galego para anciáns de Domselaar Ler máis »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Ana Pontón, na súa intervención na Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina

Especial Ano Castelao (XIX) “A figura de Castelao incomoda porque a súa obra e o seu pensamento son unha emenda á totalidade ao que está facendo o goberno do PP” Entrevista con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou en Buenos Aires do descubrimento dun busto de Castelao e expuxo a súa posición sobre a relevancia da figura do rianxeiro e os retos que ten por diante a Galicia Universal.

Especial Ano Castelao (XIX) “A figura de Castelao incomoda porque a súa obra e o seu pensamento son unha emenda á totalidade ao que está facendo o goberno do PP” Entrevista con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG Ler máis »