Xunta Directiva : Vinculación

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions …

Alejo Ler máis »


Artigos de Alejo, Antonio

Gobernanza e persoas Refuxiadas en Galicia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O tema das persoas que buscan refuxio en Europa por diversas causas converteuse nunha das axendas políticas prioritarias da Unión Europea e os Estados membros. Diante desta situación e de diferente xeito, están a atenderse os procesos de integración nas sociedades europeas. Presentamos unha pregunta -Como Galicia está a procesar estas dinámicas de mobilidade humana …

Alejo Ler máis »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Ler máis »

tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito …

Santiago Ler máis »

marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de …

Padin Novas Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Os BRICS: unha década de expectativas incumpridas?

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Os BRICS (plataforma intergobernamental integrada por Brasil, Rusia, India, China, Sudáfrica) cumpriron a súa primeira década. Nesa hora do inevitable balance conflúen dúas perspectivas. Uns, en liña coa visión dos países máis desenvolvidos, insisten na dilución progresiva daquela vivacidade inicial que emerxía en 2009, cos primeiros acenos da crise, como materialización efectiva dunha orde multipolar …

Ríos Ler máis »

Galicia fóra do mapa

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Ben que tamén tardiamente, o Ministerio de Fomento tense mobilizado para situar os portos españois no mapa da Ruta Marítima da seda que impulsa China. A Iniciativa da Franxa e a Ruta (IFR), lanzada en 2013, é a principal estratexia exterior promovida desde Beijing para consumar a súa longa carreira para volver situarse no epicentro …

Ríos Ler máis »

85

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Castelao explica no Sempre en Galiza que somos unha nacionalidade “e como tal foi recoñecida en Berna polo IX Congreso das Minorías Nacionais Europeas, adscrito á Sociedade das Nacións”. Naquela altura, en 1933, Plácido Castro, representante galego no conclave do Hotel Savoy, sinalaba a transcendencia do feito dende as páxinas de El Pueblo Gallego nunha …

Ríos Ler máis »

Casa da Lusofonía

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Casa de América (Madrid), Casa Asia (Barcelona e Madrid), Casa África (Las Palmas), Casa Árabe (Madrid e Córdoba), Casa Mediterráneo (Alicante), Centro Sefarad-Israel (Madrid)…. Non falta algo? O Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación leva anos promovendo esta figura das casas para estimular as relacións de España con determinados ámbitos, como unha ponte con diversos …

Ríos Ler máis »

Bóveda e Plácido Castro

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Alexandre Bóveda e Plácido Castro mantiveron nos anos trinta unha relación de especial afecto, amizade e camaradería, como así o testemuña algunha correspondencia común hoxe coñecida. Os afáns na militancia galeguista solidificaron esa relación. Ambos os dous participaron na asemblea galeguista de Pontevedra e formaron parte da mesa presidencial do encontro.

A actualización constitucional cubana

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Despois do longo proceso de actualización do modelo económico, semella chegar agora a hora da actualización política en Cuba coa proposta dunha reforma constitucional. O anteproxecto aprobado hai escasos días pola Asemblea Nacional incorpora novidades, moi especialmente unha posta ao día que recollerá as principais transformacións experimentadas na illa nos últimos tempos ao abeiro daquela …

Ríos Ler máis »

Cumio Trump-Kim, de dous a seis?

Apartados xeográficos Península Coreana
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Despois de tantos tirapuxas, o cumio Trump-Kim, puido celebrarse finalmente. E todo parece indicar que o gran gañador do evento foi o líder norcoreano. Trump elevara as expectativas dun encontro no que había facer gala das súas autoaclamadas habilidades negociadoras, pero á hora da verdade puideron quedarse curtas. Kim Jong-un accedeu a promover a desnuclearización …

Ríos Ler máis »

A Cuba de Díaz-Canel

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Miguel Díaz-Canel foi aclamado polos seus pares do Parlamento cubano ao ser elixido por práctica unanimidade como novo presidente da illa caribeña. A súa non foi unha elección improvisada senón produto da planificación interna do Partido Comunista de Cuba, desta vez sen cometer o erro de acelerala como noutros casos, segundo dixo Raúl. O feito …

Ríos Ler máis »