Xunta Directiva : Vinculación

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions …

Alejo Ler máis »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Ler máis »


Artigos de Sande Veiga, Diego

A revolución fotovoltaica en Galicia virá de Europa

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Unión Europea Economía
Segundo informa o Parlamento Europeo, tres cuartas partes das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE débense ao sector da enerxía, que envolve á produción de electricidade, de calor, e ao seu transporte. Por este motivo, e para acadar o obxectivo de neutralidade climática da UE para 2050, acelerar a implantación das enerxías renovables é un factor clave para reducir as emisións do sector eléctrico e avanzar na estratexia “verde” europea. Ademais, a escalada da guerra na Ucraína acelerou a necesidade de desconexión europea das enerxías fósiles, tanto pola “recomendación” da OTAN de non contratar co veciño ruso como polo encarecemento  enerxético froito das compras de gas natural licuado estadounidense.  

Cinco décadas de apertura nas relacións económicas de Galicia con Portugal

A distancia cultural non é un tema destacado nos debates económicos. Fronte á idea de comercio global, a realidade das relacións económicas é que estas adoitan producirse de maneira frecuente dentro de bloques rexionais -con características comúns a nivel xeográfico, histórico, cultural, social, etc.- e a nivel interrexional. De esta idea xorden construcións históricas como a Unión Europea (UE), pero tamén outros espazos como NAFTA, ASEAN, MERCOSUR, ECOWAS, CAN ou o ALBA. Neste sentido, os vínculos culturais e históricos son un factor clave xa que, a menor distancia cultural entre países, menor cantidade de barreiras que sería preciso derrubar para comerciar.

Houston, temos problemas medioambientais

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Economía
Non cabe dúbida de que o problema medioambiental é unha das principais preocupacións a nivel mundial. Recibimos constantemente entradas de información nese sentido. Así, nos últimos días o presidente Biden (EEUU) manifestou –dentro dunha concepción bipolar mundial-  que se hai algo máis perigoso que Putin no mundo, iso é o cambio climático. A alteración das temperaturas, o derretemento dos casquetes polares, ou a extinción de especies de fauna e flora son algunhas das consecuencias xa palpables.

Innovar en mercados: É Cabo Verde unha oportunidade para Galicia?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O pasado vinte e xaneiro o pobo caboverdiano celebraba o cincuenta e un aniversario do día da súa declaración de liberdade, que non foi recoñecida ata xullo de 1975. A día de hoxe, e con arredor de medio millón de habitantes, as súas dez illas volcánicas macaronésicas son fonte de contrastes.

Exportar a alta tecnoloxía galega

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
A investigación vén remarcando a través de numerosos estudos nos últimos anos que a innovación é fonte de crecemento e motor do desenvolvemento económico. Polo tanto, a aposta pola innovación é unha necesidade para o tecido empresarial galego. A pesar disto, o esforzo en investimento en I+D apenas supera o 1% respecto ao PIB en Galicia, tanto a nivel público como privado.

Angola, un mercado potencial para Galicia?

Tal e como recoñece a Lei Paz Andrade, “no actual mundo globalizado, as institucións galegas, comprometidas co aproveitamento das potencialidades de Galicia, deben valorizar o galego como unha lingua con utilidade internacional”. Como tamén recolle a propia Lei, a comprensibilidade entre linguas fai que o galego sexa porta de entrada para o mercado de “nove países, e do territorio de Macau, na China. Entre estes países figuran potencias económicas como o Brasil e outras economías emerxentes”. Tal é a potencialidade lingüística e cultural que a propia Lei convida ás autoridades galegas a “promover economicamente todas cantas medidas sexan posibles para mellor e valorizar esta vantaxe histórica”.
tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito …

Santiago Ler máis »


Artigos de Santiago, Tino

Un debate aprazado

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Unha das principais novidades nas próximas eleccións galegas é que o voto da diáspora pode volver ser decisivo. No 2024 xa non haberá ‘voto rogado’. Os electores no estranxeiro non van ter que facer ningunha xestión especial para poder participar nos comicios. Pode que volvamos a cifras de participación semellantes ao 2009, cando votou unha terceira parte do censo exterior; cifras que contrastan coa participación nas do 2020 cando só exerceron este dereito 5.726 galegos dos case 500.000 censados no estranxeiro, é dicir o 1,24%. Alfonso Rueda sábeo ben e, desde o verán pasado, cada semana, polo menos un membro do Goberno estivo de viaxe entre os votantes no exterior.
marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de …

Padin Novas Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

“Eventos como a pandemia da Covid-19 demonstram quão urgente é a transição para modelos económicos, sociais e ambientais sustentáveis e que respondam às necessidades humanas”

Milton Jorge Monteiro dos Santos, de nacionalidade cabo verdiana, é natural de São Francisco, Cidade da Praia. É licenciado em Geografia e ordenamento do território pela Universidade de Cabo Verde. Atualmente residente em Santiago de Compostela e estudante do Mestrado de Planeamento e Gestão territorial pela Universidade de Santiago de Compostela. No 2023 apresentou o trabalho “Atitude dos residentes face ao desenvolvimento do turismo rural em Ribeira de Principal, Calheta São Miguel e em Padrón, Galiza-Espanha: Uma análise comparativa”.
xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Fonte imaxe: Getty Images

Desigualdades disparadas

Nun recente informe do seu clásico sobre desenvolvemento humano do PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento) alértase do agravamento das desigualdades e da polarización política a nivel mundial. O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) mundial é una medida resumida que reflicte categorías como o Ingreso Nacional Bruto per cápita, a educación e a esperanza de vida dun país. En substancia, o que nos di o informe é que o IDH progresa nos países ricos mentres retrocede nos países máis pobres.

Un mundo trémulo

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O mundo da posguerra fría entra en 2024 nun acelerado proceso de fragmentación e descomposición con grandes retos para a economía, a sociedade e a gobernanza internacionais. A crise dos sistemas democráticos podería recibir novos impulsos coa promoción de líderes e formacións de signo ultraliberal e autoritarios consolidándose os espazos de inestabilidade ata nos países centrais do sistema global. O futuro preséntase perigosamente incerto ante a evidencia dun final de traxecto cuxa resolución reclama a fixación consensuada das vigas da nova orde multipolar. No Sur Global podería acentuarse a puxa indochinesa polo liderado.

ONU: de P5 a P11?

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A reforma do Consello de Seguridade das Nacións Unidas (CSNU) é un tema recorrente nos debates internacionais dende hai décadas. Este organismo, establecido en 1945, ten a responsabilidade primordial de manter a paz e a seguridade mundial, pero a súa estrutura actual é obxecto de críticas pola súa falta de representatividade e eficacia na toma de decisións. A necesidade de reformar o CSNU xorde da realidade cambiante do sistema internacional, onde as novas potencias emerxentes demandan unha maior participación na toma de decisións mundiais.
Mapa da UNRWA cos asentamentos de refuxiadas palestinas, 2015.

UNRWA

Estados Unidos arrastrou a Reino Unido, Canadá, Alemaña, Xapón, Francia, Finlandia, Holanda, Italia, Australia ou Suecia, entre outros países, a suspender o financiamento de UNRWA, a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina, tras as acusacións de Israel de que efectivos do seu persoal participaron no ataque de Hamás do 7 de outubro de 2023. Iso a pesar de que a UNRWA anunciou a decisión de "rescindir inmediatamente os contratos" dos seus empregados presuntamente implicados e "iniciar unha investigación". Non sabemos ata onde as acusacións foron acreditadas pero, convenientemente, déronse por certas dende o primeiro momento. Palabra de Israel, palabra de deus.

Un shock exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
En Galicia levamos demasiados anos mareando a perdiz en materia de acción exterior. Os últimos lustros foron de aberta deconstrución. Curiosamente, este labor de fondo seguiu coexistindo cunha narrativa en positivo debedora doutras épocas. Así, ao tempo, non importaba subscribir ambiciosas unanimidades, aprobar normas legais ou mesmo estratexias que podían dar a sensación contraria. Moito botafumeiro pero ninguén facía o camiño. A nula implementación foi o santo e seña do mais burdo cinismo institucional, reforzado pola ausencia de mecanismos de avaliación e control e amparado no feble interese parlamentario e social.

75-74

O ano que agora comeza ofrécenos unha importante efeméride político-simbólica. A segunda metade do século XX estivo moi amplamente condicionada polo enfrontamento sino-soviético, establecido como un dos eixes recoñecibles do sistema internacional. A URSS disolveuse en 1991, tras 74 anos de existencia. En 2024, a República Popular da China cumprirá 75 anos.

A industria militar non dá abasto

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O informe que o SIPRI (Instituto Internacional de Investigación para a Paz de Estocolmo) ven publicando dende 2015 a propósito da evolución do mercado mundial do armamento sorprendeu este ano ao dar conta dunha tendencia á baixa no volume de negocio das 100 maiores empresas do sector. Pero non é porque haxa menos demanda senón porque non dan abasto na produción.