Xunta Directiva : Vinculación

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions …

Alejo Ler máis »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Ler máis »

tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito …

Santiago Ler máis »

marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de …

Padin Novas Ler máis »


Artigos de Padin Novas, Marola

Dunha crise, nace unha oportunidade (ou varias)

Apartados xeográficos Outros
Que a saúde é o primeiro non o dubidaba ninguén (ata o de agora). É unha máxima atemporal indiscutible e ubicua no imaxinario da sociedade internacional, sen saúde a morte é o único desenlace. A pesares de tan clara sentencia, diversos liderados políticos arredor do mundo antepoñen o beneficio económico curtopracista á prevención, investimento en …

Padin Novas Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

www.cidadedacultura.gal

A Cidade da Cultura no mundo do futuro?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Parece existir un consenso público e subterráneo, sobre o fracaso até o de agora, do proxecto da Cidade da Cultura. Desde a obra concibida por Peter Eisenman, para o concurso de 1999 no que saíu gañador, pasaron moitas cousas e case ningunha boa, excepto que por fin o pasado 9 de outubro do 2021 declarouse o final das obras, por agora...

Ayuso e a acción exterior das comunidades autónomas

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Na definición do goberno da Comunidade de Madrid de Isabel D. Ayuso, Toni Cantó foi designado coma Xefe da Oficina do Español, que a Comunidade creará cando menos para os próximos dous anos. Na nota de presentación da decisión apelábase ao poder global da lingua española e aos valores engadidos do mesmo para o posicionamento …

González Palau Ler máis »

Unha Historia para o S.XXI: Do Acordo Ortográfico á entrada de España na CPLP

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
No ano 2012 un grupo de activistas reintegracionistas e a Academia Galega da Lingua Portuguesa (nacida formalmente en 2008) decidiron promover unha iniciativa lexislativa popular para promover a lusofonía en Galicia. Seis meses despois conseguiran 17.000 sinaturas e despois de distintas fases de negociación cos grupos políticos presentes na altura no Parlamento, aprobouse por unanimidade …

González Palau Ler máis »

Novos tempos para a acción exterior de Galicia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
De maneira anual desde o ano 2010 o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) edita o Informe Nós No Mundo, coma publicación periódica de seguimento da acción exterior de Galicia. Na edición deste ano, a duodécima, a moi recente aprobación da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da …

González Palau Ler máis »

Pespectivas para 2021: Nova normalidade e sociedade de risco global

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Como cada ano saíu o noso anuario de relacións internacionais e política global, o IGADI Annual Report 2020-2021, nesta edición titulado: “Nova normalidade e sociedade de risco global”. O informe repasa polo miúdo os acontecementos do ano 2020, determinados polos impactos da Covid-19 na sociedade internacional, así coma o inicio dun 2021 con fortes problemas …

González Palau Ler máis »

Tempo Exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Se co fin da Guerra Fría nacía en Galicia o IGADI (1991) coma centro de estudos internacionais, no 1997 editábase o primeiro Tempo Exterior en liña coa misión central da entidade: a promoción da nosa presenza internacional e a comprensión do mundo desde aquí. Naquela primeira etapa en páxinas amarelas e DIN A4 grampados, impresos …

González Palau Ler máis »

Aquí e agora

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Irán a por ti é unha novela do xornalista Félix Soria que saíu a comezos do especialísimo 2020 publicada por Medulia Editorial. É unha novela de personaxes, principalmente xóvenes, en convivencia, cooperación e conflito no contexto do final do franquismo e a loita pola democracia de comezos dos anos 70. A historia que vincula as …

González Palau Ler máis »

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Un mundo en recidiva?

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Da toma de posesión de Joe Biden como presidente estadounidense en xaneiro á celebración do cumio co líder chinés Xi Jinping en novembro fóisenos un ano marcado polo asentamento crónico das tirapuxas entre Washington e Beijing que actúan como un dos principais moldeadores do panorama internacional. É nese contexto no que se foi producindo tamén un reasentamento estratéxico de importantes actores internacionais.
Que foi daquel soño?

Fin da URSS

Apartados xeográficos Rusia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Conta Mijail Gorbachov nas súas Memorias o amargos que foron os días que precederon á extinción da Unión Soviética, que el mesmo se viu na obriga de anunciar nun discurso o 25 de decembro de 1991, hai agora trinta anos. O seu empeño centrábase en garantir a transformación da unión nunha nova armazón de estados …

Ríos Ler máis »

UNESCO

Nós na UNESCO

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
A UNESCO celebrou recentemente o seu 75 aniversario, con un ano de retraso por mor da pandemia. A súa directora xeral, Audrey Azoulay, no seu segundo mandato, lembrou o importante valor deste órgano do sistema onusino como plataforma de encontro e diálogo e como expresión da riqueza das voces da sociedade civil.

A terceira historia do PCCh

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Da sexta sesión plenaria que o Partido Comunista (PCCh) celebrou estes días na capital chinesa salientouse oficialmente a aprobación dunha resolución sobre a súa historia, un documento que, dunha banda, vén a culminar a efeméride dos seus primeiros cen anos (1921-2021), e, doutra, atendendo ao simbolismo que tanto marca a política chinesa, pon de relevo a elevada posición acadada por Xi Jinping á fronte do Partido e do país, quen podería aspirar a exercer un terceiro e máis mandatos, contrariando os criterios sucesorios dos últimos corenta anos.

Assange

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Iniciouse no Tribunal Superior de Londres a audiencia que estuda a eventual extradición aos EUA de Julian Assange, fundador de WikiLeaks. Assange seguiu brevemente a sesión dende o cárcere de máxima seguridade de Belmarsh, no sueste de Londres, onde está preso e, segundo denuncian os seus letrados, en condicións que evidencian un precario estado de saúde. Assange foi detido en abril de 2019 e dende entón permanece illado.

Futuros para Afganistán

Apartados xeográficos Asia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O 11 de Setembro, 20 anos despois do fatídico 11S, os EUA debían completar a retirada das súas tropas de Afganistán, cumprindo así coa promesa realizada nos acordos subscritos cos Talibán en Doha en febreiro de 2020.

Netanyahu

Apartados xeográficos Oriente Medio
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Ten, por fin, a guerra que buscaba e precisaba para desatascar a parálise política de Israel, tras catro eleccións frustradas e cun encoraxamento á alza dos ultranacionalistas xudeus. Netanyahu, o primeiro ministro que máis tempo leva no cargo, observaba con preocupación como os seus rivais, desta vez podían chegar a formar un goberno para desbancalo. …

Ríos Ler máis »

Biden

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Reinventor do capitalismo, rexenerador da democracia, etc., os cualificativos arredor de Joe Biden, o novo presidente estadounidense, lembran as expectativas iniciais que espertara Barack Obama, con quen tamén se ten comparado, na onda dunha mensaxe mediática que fai táboa rasa con Donald Trump, especialmente fóra dos EUA. Pero, é para tanto? No seu recente discurso …

Ríos Ler máis »

Xi Jinping non falaría galego

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O líder chinés Xi Jinping participou estes días nas macro sesións parlamentarias que cada marzo acostuman a se reunir na capital Beijing. Unha das súas primeiras actividades neste evento foi a participación nun encontro con deputados da rexión autónoma de Mongolia Interior, unha das cinco existentes na China e, cronoloxicamente, a primeira de todas elas, …

Ríos Ler máis »

¿Portugal ou Brasil?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Tras corenta anos de autonomía e un cuarto de século compartindo participación na UE, as relacións entre Galicia e Portugal semellan varadas no tempo. Alén Miño, Galicia, sen apenas diferenciación, segue sendo España. Moitos se laian da falta de empatía do lado portugués. Mais o certo é que en todo este tempo nunca contamos en …

Ríos Ler máis »