Xunta Directiva : Vinculación

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions …

Alejo Ler máis »


Artigos de Alejo, Antonio

As persoas en movemento e a construción dun inimigo global

Apartados xeográficos Outros
Ao elaborar esta reflexión sobre o actual momento da migración no mundo, nunha contorna global, xurdiu a nivel internacional, a expansión do novo coronavirus. Ante este fenómeno de saúde global, as narrativas que ofrecen solucións estado-nacionais para atender a devandita pandemia, lévannos a pensar na intensificación e normalización de miradas que asumirán que “Primeiro o …

Alejo Ler máis »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Ler máis »

tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito …

Santiago Ler máis »

marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de …

Padin Novas Ler máis »


Artigos de Padin Novas, Marola

Galicia-China, un binomio con forza. A acción exterior de Galicia e as relacións con China

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
De Occidente a Oriente, as relacións con Asia non son novas. En 1522 fundábase a Casa da Especiaría na Coruña e, aínda que de curta duración, supuxo un exemplo de tesón, influencia e a necesidade dos nobres galegos, especialmente Fernando de Andrade, de crear as súas propias canles para acadar o mercado das especias e …

Padin Novas Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

2020: Abrupto acelerón ou cambio de época?

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Entre atónitos e convencidos de que non corren bos tempos, o 2020 e a historia da pandemia da Covid19 son en si mesmo o acontecemento social máis universal e conectado da historia da humanidade. Non o máis letal, nen o pior, por moi doloroso e abafante que puidera ser.

Pontevedra e a acción exterior de Galicia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
A historia de Galicia, principalmente determinada neste sentido pola nosa posición xeográfica, foi de sempre unha historia conectada ao mundo de maneira intensa. Especialmente desde o mar e as rutas marítimas globais, das orixinarias ás actuais. Nesa vibrante aventura de conectividade internacional de Galicia, Pontevedra terá o seu momento de máxima exposición coa aparición da …

González Palau Ler máis »

Un compromiso fundacional en tempos de pandemia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Relacións Internacionais Paradiplomacia
O compromiso coa lingua galega é un trazo fundacional do IGADI que vivenciei desde o primeiro día que entrei pola súa porta, na sede histórica de Baiona no ano 2009. O motivo dese empeño do IGADI, de 29 anos xa (1991-2020), ten dúas razóns esenciais. Primeiro, se o galego é a nosa lingua e un …

González Palau Ler máis »

A globalización china en Galicia

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
En Galicia o monopolio mediático caricaturizado do Humor Amarelo arredor da imaxe chinesa en Europa, contrastou coa obra de Xulio Ríos arredor do mundo chinés xa desde os inicios dos anos 90, que alumea unha composición do planeta e da realidade da globalización como fenómeno universal, que axuda a interpretar o que acontece hoxe neste …

González Palau Ler máis »

Próxima estación? A Universidade na acción exterior de Galicia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
“To the Next Station” é un libro coordinado polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Benigno Fernández Salgado, e a docente da Facultade de Filoloxía e Tradución, María José Corvo, da Universidade de Vigo, que apareceu editado en inglés desde Berlín no ano 2018, froito do desexo explícito na suxerente introdución do …

González Palau Ler máis »

Galicia e a lusofonía na década dos 20

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
No ano 2019 cumpríronse cinco anos da aprobación por unanimidade no Parlamento da Lei de aproveitamentos dos vínculos co portugués e a lusofonía, realmente coñecida coma Lei Paz Andrade (2014). A Lei, filla dunha iniciativa cidadá impulsada polo movemento reintegracionista, acabou por levar o nome da Iniciativa e do ensaísta e empresario, Valentín Paz Andrade, …

González Palau Ler máis »

A acción exterior do Goberno Feijoo e a nova normalidade (2009-2020)

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
A nova normalidade transformará o marco de acción das políticas públicas a nivel local e internacional, acelerando a reconversións ambiental e dixital en curso. Desde esta premisa e no contexto das próximas eleccións autonómicas de xullo do 2020, o fortísimo impacto nos sistemas de saúde e seguridade social augura mudanzas na redefinición das políticas públicas …

González Palau Ler máis »

5 Perspectivas para 2020

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Como cada ano saíu o IGADI Annual Report 2019-2020, o informe anual de relacións internacionais e política global do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, este ano titulado: “Da guerra comercial á Covid19”. No documento identifícanse cinco perspectivas coas que seguirlle a pista ao atribulado ano global en curso.

2020: Sociedade de risco global e incerteza radical

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Cando a mediados de marzo en Europa estabamos xa confinados e o Presidente Bolsonaro identificaba o Covid19, cun acentuado retraso, coma unha “gripezinha”, o crime organizado dos barrios periféricos de São Paulo realizou un chamamento público ao confinamento, asegurando tanto os servizos básicos coma as medidas de coerción e represión no seu territorio.
xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

O fin de “un país, dúas moedas”

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Cuba anunciou recentemente un novo paquete de medidas económicas que inclúen un reordenamento monetario e cambiario. A reforma, que iniciará a súa andaina o 1º de xaneiro, contempla, entre outros, unha importante suba de salarios e pensións e a desaparición, despois dun cuarto de século de vixencia, desa anomalía que representa o peso convertible, os …

Ríos Ler máis »

Cara onde vai a China de Xi?

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Para intentar comprender cara a onde se dirixe a China do presidente Xi Jinping, o primeiro é botar unha mirada cara atrás, en concreto, a 1921. Unha das campañas ideolóxicas máis intensas do seu mandato é a que leva por título “permanecer fieis á misión fundacional”. O relevo que debe acompañalo na dirección do PCCh …

Ríos Ler máis »

Retornos

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A esmagadora vitoria do MAS en Bolivia, que prolonga a onda renovadora previa de Arxentina de hai un ano, proxecta unha mensaxe de optimismo arredor da esperanza de que América Latina retorne á senda iniciada co novo século, aínda inzada de dificultades. Mal que pese a algúns, o compromiso coa superación da pobreza e as …

Ríos Ler máis »

Os tirapuxas estruturais axitan a orde global

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O ton principal das estratexias de seguridade nacional da Administración Trump foi sintetizado no discurso que o vicepresidente Mike Pence pronunciou en outubro de 2018 no Hudson Institute. Washington identifica a China como o principal rival estratéxico, o único en condicións de quebrar a súa hexemonía global. Alertados polo énfase do presidente chinés Xi Jinping …

Ríos Ler máis »

QUAD

Apartados xeográficos Asia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A OTAN asiática está en marcha, e chámase QUAD. Resume a importancia que os EUA outorgan a esta alianza o feito de que o Secretario de Estado Mike Pompeo, pese á pandemia e pese mesmo ao positivo de Donald Trump, viaxou igualmente a Tokio para se reunir cos seus pares de Xapón, India e Australia. …

Ríos Ler máis »

Un debate post-electoral

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
En realidade, o debate que se celebrou recentemente, o primeiro de tres, en Cleveland, Ohio, entre o presidente dos EUA, Donald Trump, e o seu rival demócrata, Joe Biden, foi pre-electoral tan só cronoloxicamente. De certo, o que foi, no seu ton, é un adianto do que podería resultar unha grande controversia post-electoral tralo reconto.

Mongol

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Como se non tivera abondo coas tensións político-territoriais en Xinjiang, Tibet ou, doutro signo, en Hong Kong e Taiwán, a China ábreselle outra fronte en Mongolia Interior. Coincidindo coa volta á escola, os pais e alumnos mobilízanse contra unha nova norma que impón o ensino en mandarín dende as idades máis temperás, en detrimento do …

Ríos Ler máis »

O "procés" kanak

Apartados xeográficos Nacionalismos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O vindeiro 4 de outubro regresarán ás urnas os electores de Nova Caledonia para decidir sobre a súa independencia de Francia. Xa o fixeran en 2018. Daquela, cunha participación superior ao 80 por cento, un 56,4 por cento votaron en contra. Os acordos con París, contemplan ata tres consultas no marco do Acordo de Numea …

Ríos Ler máis »

Nagorni-Karabaj

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Na segunda metade dos oitenta, foi un daqueles primeiros conflitos que deixaron entrever as fendas da problemática nacional na extinta Unión Soviética. Agora, máis de trinta anos despois, Nagorni-Karabaj asoma de novo, esta vez como expresión non só da eterna disputa entre armenios e azerís, senón entre Moscova e Ankara e ata como un expoñente …

Ríos Ler máis »

O poder mediático chinés

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Observatorio de la Política China
O demográfico e territorial xigante chinés é hoxe tamén unha grande potencia económica. A segunda do mundo en termos absolutos e a primeira en termos de paridade de poder de compra, segundo o Banco Mundial. Ese é o sustento principal do seu “poder duro” (hard power), reflectido na súa condición de primeiro socio comercial de …

Ríos Ler máis »