Xunta Directiva : Vinculación

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions …

Alejo Ler máis »


Artigos de Alejo, Antonio

Universidade e Persoas Refuxiadas en Santiago de Compostela

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento
A situación contemporánea das persoas que buscan protección internacional por desprazamento forzado xera novos desafíos sociais e institucionais para garantir a convivencia harmónica entre comunidades locais e aquelas que buscan refacelas súas vidas en Europa. Ante isto, as cidades son nodos centrais para procesar axendas como os Pactos Globais para a migración e o refuxio. …

Alejo Ler máis »

Primeiro, meu país!

Apartados xeográficos Outros
Wendy Brown afirmou que "Asociar ao estranxeiro coa diferenza e o perigo é tan antigo como a comunidade humana" ¿Hai unha especificidade contemporánea nesta asociación? Neste texto asúmese que si. Recórrese ao “nativismo” para explorar a lóxica sociopolítica que explota a idea: “Primeiro, meu país” coma sentimento de grandes grupos de nativos que atopan nesa idea …

Alejo Ler máis »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Ler máis »

tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito …

Santiago Ler máis »

marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de …

Padin Novas Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

O Fondo Galego camiño do 25 aniversario

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Tralas eleccións locais de maio deste 2019 e a constitución dos novos Concellos e Deputacións o pasado 10 de outubro constituiuse a nova Comisión Executiva do Fondo Galego. O mandato, que rematará no 2023, verá o primeiro cuarto de século da entidade, que por cativa no económico, non debera pasar inadvertida no seu balance de …

González Palau Ler máis »

Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: unha oportunidade para a acción exterior galega

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O 1 de outubro deu inicio o proxecto do IGADI “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” grazas á convocatoria de proxectos da Consellería de Turismo e Cultura, “O Teu Xacobeo”, xunto á colaboración para a súa financiación dos Concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Pontevedra. …

González Palau Ler máis »

Dos romances ás políticas, a diáspora na acción exterior galega

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
As relacións de Galicia con América desde o s. XIX son fundamentais para entender á comunidade galega actual e a que pode ser no futuro. A propia relación intercontinental tecida desde o Atlántico nuclea a configuración da identidade internacional da Galicia de 2019 e do seu perfil internacional tan singular, da lingua ao Camiño de …

González Palau Ler máis »

Galicia no mundo do S.XXI: Razón de nacionalidade histórica

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
É un lugar común e tradicional na bibliografía de Relacións Internacionais apelar á razón de Estado coma o motor para os grandes consensos internos en relación aos asuntos internacionais. A necesidade de ter unha posición común na sociedade internacional enténdese, desde a razón de Estado, coma o posicionamento mínimo, previsible e leal compartido polas grandes …

González Palau Ler máis »

A globalización na encrucillada. En rumbo de colisión?

Apartados xeográficos Latinoamérica
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O último libro de Alfredo Toro Hardy “The Crossroads of globalization. A Latin American View” (World Scientific 2018) é unha magnífica síntese sobre a historia da globalización e os seus principais desafíos inmediatos, como tamén de medio e longo alcance. Non é un repaso á globalización desde o cosmopolitismo baleiro ou algún non lugar, se …

González Palau Ler máis »

Ordenar a acción exterior das cidades? As BAEX

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
A relación internacional das cidades medrou en todo o mundo exponencialmente nas últimas décadas ao calor das dinámicas que impulsa a globalización. Desde aqueles primeiros departamentos de turismo, aqueles irmandamentos con Concellos doutros países e as primeiras accións de cooperación internacional dos anos 80 e 90, pasouse a fortes estruturas relacionadas coa captación de investimentos, participación en redes …

González Palau Ler máis »

Casa da Lusofonía no 2019?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Coma galegas e galegos no mundo temos vantaxes comparativas e intereses estratéxicos á hora de relacionarnos co exterior que debemos aproveitar. Esa é a misión fundamental do IGADI nos seus vinte oito anos de historia; poñer o perfil global da nosa comunidade ao servizo do seu benestar e desenvolvemento colectivo: a diáspora e a galeguidade, …

González Palau Ler máis »

A Axenda Urbana en Galicia

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O 5 de febreiro a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) o Ministerio de Fomento e o Concello da Coruña organizaron un Seminario de presentación da Axenda Urbana española (AUE), o marco de referencia desde o que o municipalismo debe camiñar cara a Axenda 2030 e o cumprimento dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento …

González Palau Ler máis »

Lusofonía e Galeguía

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Dende o ano de 2004, coa aprobación no Parlamento Galego do Libro Branco da Acción Exterior de Galicia, a lusofonía, coma o espazo xeopolítico de lingua oficial portuguesa, é unha área xeográfica prioritaria da acción exterior da Xunta de Galicia. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), foi na altura a entidade que …

González Palau Ler máis »

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

NORTE. Nós no Mundo.

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Estamos afeitos a ser considerados do Norte. Ou do noroeste, para ser mais precisos. Pasamos a vida convivindo con ese cardinal peninsular, así que só nos pode ser familiar. Pero, cal é o norte de Galicia? Vivimos sen norte? Para Plácido Castro, un dos nosos universalistas mais prezados, a orientación cara as terras célticas precisamente …

Ríos Ler máis »

Hong Kong: ¿a protesta interminable?

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Na segunda feira mundial de importacións de China, celebrada en Xangái a primeiros de novembro, o presidente Xi Jinping coidou de expresar publicamente o seu firme apoio á Xefa Executiva da Rexión Administrativa Especial de Hong Kong, Carrie Lam, quen afronta desde xuño deste ano continuas protestas, en moitos casos violentas, contra a súa xestión. …

Ríos Ler máis »

Repoñamos o Muro!

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Tan desafortunada consigna probablemente gozaría hoxe de certo predicamento simbólico en boa parte das sociedades dos países do Leste europeo. E quizais non só. Hai escasos días, algúns medios facíanse eco de diferentes enquisas reveladoras da amplitude da frustración actual, que contrasta coas esperanzas de finais dos oitenta.

Europa debe ser Europa

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Trinta anos despois da caída do Muro de Berlín, Europa encara unha inocultable crise de identidade. O Brexit, as tensións migratorias ou a fragmentación de intereses no seu seo retratan a complexa conxuntura do vello continente. Máis que nunca, hoxe é apreciable que aquel valado que simbolizou a fronteira da Guerra Fría non soamente caeu …

Ríos Ler máis »

Hong Kong: en rumbo de colisión

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Canto máis se profunda a crise de Hong Kong máis semella que todo avanza cara a unha canella sen outra saída que un desenlace violento. O endurecemento da acción policial non desalentou aos manifestantes. Tampouco a conivencia entre a policía e as bandas mafiosas produciron o resultado quizais esperado polas autoridades locais e centrais. Unha …

Ríos Ler máis »

Topes fóra

Apartados xeográficos Estados Unidos
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Conta Gorbachov nas súas memorias que o tratado de eliminación de mísiles de alcance corto e intermedio (coñecido polas súas siglas INF) marcou o principio do final da guerra fría. A aquel seguíronlle outros acordos, pero todo comezou co INF. O ex líder soviético situaba esta sinatura a idéntico nivel que a retirada das tropas …

Ríos Ler máis »

Galeguismo e europeísmo: Cando Europa é aquí

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O galeguismo dos anos vinte e trinta do pasado século e mesmo o reagrupado despois da guerra civil foron profundamente europeístas, cada un cos seus matices. A declaración de principios do Partido Galeguista (PG) incluía a alusión á “Galicia, célula de universalidade” que tiña en Europa unha primeira concreción inapelable. Figuras destacadas deste movemento como …

Ríos Ler máis »

A Irlanda de Plácido Castro

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Relacións Internacionais Paradiplomacia
“Un galego séntese aquí máis perto da súa Terra ca en moitas rexións que só distan de Galicia uns centros de quilómetros”. Así o cría Plácido Castro, quen con só 26 anos pisaba aquelas terras irlandesas na compaña do doutor Flower, a máxima eminencia en cuestións célticas do British Museum, achegándose con el até as …

Ríos Ler máis »