Análises

As distintas Liñas de Investigación e análise producen artigos, publicacións, actividades e proxectos. Desde aquí podes coñecer toda a produción do IGADI. Nos nosos 31 primeiros anos de vida (1991-2022) o IGADI xerou máis de 6.000 artigos na súa web.

Bandeira de Ucraína

Putin celebra unha vitoria que non é súa

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa

79 anos despois de que a Alemaña nazi capitulou ante a alianza da Unión Soviética, o Reino Unido, os Estados Unidos e Francia, cando fai décadas que marcharon os xenerais que comandaron as tropas vitoriosas e os combatentes reais teñen máis de 97 anos, Putin celebra en Moscova un desfile pomposo para facer crer ao mundo que é o único herdeiro da vitoria sobre o nazismo en 1945. E máis aínda, que a guerra de agresión contra Ucraína é tamén unha loita antifascista.

igadi annual report 2023 2024 424x600 1

Acelerar a acción climática nunha década crítica

No combate á crise climática estamos hai décadas instalados nun permanente “agora ou nunca”. Cómpre actuarmos “agora” para evitarmos un quecemento global agravado. Se a adopción en 1992 da Convención Marco da ONU sobre Cambio Climático tivese sido o comezo dunha vigorosa acción climática hoxe non estariamos a tentar non exceder o límite de 1,5ºC de aumento da temperatura media global con respecto á época preindustrial, senón outro ben inferior e menos prexudicial, pois cada décima de grao importa moito.

paris 2024

A diplomacia deportiva: Das turbulencias no 2023 aos Xogos Olímpicos de París 2024

Un 2023 sen os coñecidos mega-eventos deportivos non significou, en absoluto, baleiro de diplomacia deportiva. Para os deportistas, o ano preolímpico serve para lograr clasificacións e postos nos rankings cara aos Xogos. Paralelamente, os países empregaron a diplomacia deportiva para definir posicións nun contexto internacional convulso, como se estivesen, en certa forma, escalando postos nunha clasificación segundo o seu poder, seleccionando os seus equipos ou definindo os seus rivais.

EUC 20YEARS EN LOGO RGB RZ 1

Celebrando 20 anos: Desafíos e fitos na ampliación da UE e a problemática kurda en Turquía

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa

A aproximación da Unión Europea (UE) á expansión é semellante a un estratéxico xogo de xadrez, influíndo profundamente nas súas dinámicas políticas e relacións con países veciños. Fai dúas décadas, a UE celebrou unha expansión histórica en 2004, un momento que redefiniu a traxectoria do bloque. Porén, as complexidades da ampliación da UE implican moito máis que simplemente dar a benvida a novos membros; require unha rigorosa avaliación contra criterios ben establecidos. Esta semana, ao conmemorar o vixésimo aniversario desa expansión crucial, é esencial unha reflexión profunda sobre os intricados criterios e desafíos enfrontados durante o proceso de ampliación. De especial interese é o “criterio político”, especialmente en relación coa candidatura de Turquía naquela época.

cimeirauegranada2023

Balance da Presidencia Española da UE 2023: máis histórica ca mitigada, pero menos imprescincible do que se pensa

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa

Como dixo Rubalcaba no seu día, en España entérrase moi ben, mais o que mellor sabe facer é recibir moi ben. 85 millóns de turistas ao ano aválano. Cando as folgas estudantís de Chile levaron a trasladar o megacongreso que é o cumio do Clima de Santiago de Chile ao IFEMA de Madrid en apenas unas semanas, España acolleu a COP25 sen despeitearse. Así,  o espectáculo musical-gastronómico para líderes europeos na Alhambra foi alcumado polos asistentes unha  “Gran nada”, pois  pouco saíu dalí sobre o futuro de Europa que era o obxecto da cimeira.

Fonte imaxe: Getty Images

Desigualdades disparadas

Nun recente informe do seu clásico sobre desenvolvemento humano do PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento) alértase do agravamento das desigualdades e da polarización política a nivel mundial. O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) mundial é una medida resumida que reflicte categorías como o Ingreso Nacional Bruto per cápita, a educación e a esperanza de vida dun país. En substancia, o que nos di o informe é que o IDH progresa nos países ricos mentres retrocede nos países máis pobres.