Xunta Directiva : Vinculación

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions …

Alejo Ler máis »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Ler máis »

tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito …

Santiago Ler máis »

marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de …

Padin Novas Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Pinochet e a terceira vía

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Boa parte do atractivo da terceira vía radicaba no esforzo dese volver a pensar, no que tanto insisten sempre Eduardo Lourenço ou Edgar Morin, por integrar e formular de novo as preguntas do pasado avogando por atopar respostas imaxinativas e con futuro. As reservas no plano social, provocadas pola insistencia na inevitabilidade da laminación do …

Ríos Ler máis »

Unha Rusia sen mundo propio

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
En política exterior, os máis de oito anos de mandato de Boris Ieltsin transcorreron entre unha breve primeira etapa de abrazo incondicional a Occidente e outra segunda, de progresiva recuperación formal dun discurso moderadamente nacionalista que a duras penas conseguía disimular as súas graves carencias, en particular por mor dunha situación económica permanentemente ó borde …

Ríos Ler máis »

Sucesión sen cambio

Apartados xeográficos ARQUIVO Rusia
Nun momento decisivo para a fin da guerra librada en Chechenia; despois dun trunfo electoral sen paliativos para os sectores oligarcas ligados ás tramas e grupos de poder máis opacos e próximos ó Kremlin; sen que no seu estado de saúde se advirta un empioramento substancial ou que faga temer pola súa vida; con unha …

Ríos Ler máis »

Un poder devorado pola corrupción

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
O término "mafia" en Rusia ten unha acepción moi extensa, e abarca toda unha amalgama de fenómenos que inclúen tanto a criminalidade común como as empresas paralegais e a corrupción nas máis altas esferas do poder. Segundo fontes do propio Ministerio do Interior, as organizacións criminais poderían controlar en Rusia máis do cincuenta por cento …

Ríos Ler máis »

Seattle

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
O fracaso da reunión de Seattle non foi debido esencialmente ó enfrontamento entre o bloque de países ricos e países pobres, ou entre a Unión Europea e os Estados Unidos, senón á manifesta visualización do inevitable choque entre dúas concepcións: a de quen considera que o mercado e a competitividade autoregulamentanse automaticamente e a de …

Ríos Ler máis »