Relacións Internacionais : Liña de investigación

A análise e prospectiva das relacións internacionais e a xeopolítica é un dos signos de identidade do IGADI desde o seu nacemento no 1991. Desde unha visión plural e inclusiva a Liña de Investigación aspira a dar seguimento, análise e información regular da sociedade internacional, priorizándoa sobre a opinión, construíndo pensamento estratéxico internacional galego.

Coordina: Daniel González Palau

Alexander Cutting the Gordian Knot Study for a Fresco in the Castel SantAngelo Rome MET DT7868

Cooperação Reforçada para quê?

Cooperação Reforçada para quê? É isso o que importa. No seu momento, o
Oráculo foi ouvido e declarou que quem desatasse o nó górdio dominaria
todo o mundo. O nó europeu, que parece querer ser cortado a duas
velocidades, com seis países governados principalmente por uma direita
heterogénea e alguns elementos social-democratas como o governo de
Sánchez ou o SPD participante da coligação no governo alemão, que
formariam a vanguarda. O objetivo é ultrapassar a unanimidade, à qual se
atribui a culpa do atraso, da inação, da paralisia europeia.

Cooperação Reforçada para quê? Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
Bandeira de Ucraína

A gran quimera de 2026: Entre o simulacro das negociacións en Abu Dabi e o xenocidio invernal de Putin

O mundo asiste hoxe a unha das disonancias cognitivas máis perigosas desde o comezo do século. Neste febreiro de 2026, a fenda entre a narrativa diplomática de “paz inminente” e a realidade militar de “exterminio sistemático” é, posiblemente, a máis profunda desde o inicio da invasión a grande escala. Mentres nos salóns climatizados de Abu Dabi se producen reunións tripartitas con representación incongruente que exsudan un optimismo coreografiado, as cidades e poboacións de Ucraína, privadas de enerxía eléctrica debido aos ataques rusos, conxélanse baixo o peso dunha ofensiva rusa que busca, máis alá dunha vitoria territorial, a anulación existencial dun Estado soberano.

A gran quimera de 2026: Entre o simulacro das negociacións en Abu Dabi e o xenocidio invernal de Putin Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Pensalo2Veces

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (1991-2026) manifesta a súa preocupación ante a negativa expresada pola Xunta de Galicia a contar cunha representación propia no seo da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e ONU Turismo, nun contexto no que o Goberno de España está a traballar para facilitar a presenza de Euskadi e Cataluña nestas institucións internacionais.

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo Ler máis »

Trump e Xi nun encontro en Florida no ano 2017. Fonte: Wikimedia

O mundo que vén: áreas de influencia?

A brutal agresión imperial do réxime de Donald Trump foi aliñada co hipotético propósito de establecer -e supostamente recoñecer- esferas de influencia exclusivas xunto a outros actores como Rusia e China, os únicos competidores substanciais que, a nivel global, demostran unha firme vontade de exercer a súa plena soberanía.

O mundo que vén: áreas de influencia? Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
ucraina

Se non hai Premio Nobel para Trump, a paz en Ucraína pouco interesa

O 15 de xaneiro de 2026, o Xefe do Estado Maior de Rusia, Valeriy Guerásimov, informou ao presidente Putin de que, nas primeiras dúas semanas do ano, as forzas rusas tomaran o control de máis de 300 km² de territorio ucraíno. A publicación desta información tiña por obxectivo crear a impresión de que a chamada operación especial militar ía cobrando éxito e gañaba impulso; seguindo o ritmo do ano pasado, cando se ocuparon 4831 km², o parte do xefe militar a Putin significaría un avance de tan só 200 km². Para maior convicción de que se estaba logrando un éxito máis alá do obxectivo da operación especial por garantir a seguridade de Donbás, o xeneral destacou que os últimos avances se concentraban principalmente nas rexións de Sumy e Khárkiv e afirmou que se está a ampliar a “zona de seguridade” (ou buffer zone) mediante a captura de localidades como Hrabovske e Komarivka.

Se non hai Premio Nobel para Trump, a paz en Ucraína pouco interesa Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Estados Unidos, México e Canadá organizan o Mundial 2025 que terá lugar entre o 11 de xuño e o 19 de xullo.

O poder brando (IV) Alén do xogo: o deporte como ferramenta de soft power

Nesta serie exploramos como os Estados empregan políticas culturais e comunicativas para construír unha imaxe positiva e gañar influencia nas relacións internacionais. Casos reais axudaranos a entender como este tipo de poder brando converteuse nunha estratexia global nos nosos tempos.

O poder brando (IV) Alén do xogo: o deporte como ferramenta de soft power Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros
foro esp chn 2024 6

Comeza o proxecto “España-China: Asociación Estratéxica para o Coñecemento Mutuo”

O IGADI pon en marcha unha iniciativa de investigación, divulgación e diplomacia pública arredor da Asociación Estratéxica Integral entre España e China. O proxecto realízase grazas ao financiamento da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais, no marco da convocatoria de proxectos 2025 de Prioridades da Política Exterior Española.

Comeza o proxecto “España-China: Asociación Estratéxica para o Coñecemento Mutuo” Ler máis »

temex51capa

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global

O novo número da publicación académica do IGADI foi coordenado por Camelia Tigau, investigadora do Centro de Investigacións sobre América do Norte, da Universidad Nacional Autónoma de México. O número 51 continúa os avances do portal Open Journal System do Tempo Exterior, que renovou a súa imaxe gráfica no ano 2025, coincidindo co número 50 da publicación histórica do IGADI.

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global Ler máis »

O Ministro de Exteriores de Polonia, Radosław Sikorski, no ano 2024. Fonte: Wikimedia, Konrad Laskowski / Ministry of Foreign Affairs Republic of Poland

Dissidências internas

Existem rivalidades infindáveis no seio da União Europeia. A Alemanha procura na Polónia Volodymyr Zhuravlov (também referido como Vladimir Z), o malandro que rebentou com o gasoduto Nord Stream II há já 2 anos. Motivo pelo qual agora compra gás natural liquefeito, quatro vezes mais caro, aos EUA.

Dissidências internas Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa