Xunta Directiva : Vinculación

f1

Coloret

É responsable de Responsabilidade Social Corporativa do IGADI. Directora de RRHH. Experiencia no sector público e privado, destacando asesoría xurídca no Concello de Cangas. Dpto. financeiro no Porto de Marín e Dptos de Formación e Cooperación Internacional na Fundación Cetmar

antonioalejo-6888

Alejo

É facilitador do Consello de Investigación do IGADI e parte do Consello de Redacción da revista do IGADI, Tempo Exterior. Colaborador do Grupo de Investigación Sociedades en Movimiento da Universidade da Coruña e investigador asociado do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. As súas líñas de investigación son: estudos globais (socioloxia e gobernanza), transformacions …

Alejo Ler máis »

Martínez Rivas, Emilio Manuel

Martínez Rivas

Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, cursando estudios de especialización en xestion da innovación. A nivel profesional a súa traxectoría está ligada á administración pública, na que ten desempeñado diferentes postos entre os que se poden destacar o de director xerente da Sociedade para o Desenvolvemento  Comarcal, vicexerente de Recursos Humanos …

Martínez Rivas Ler máis »

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Ler máis »

tino santiago 600x527 1

Santiago

Tino Santiago é xornalista na CRTVG especializado en información política e económica. Coordinou a información electoral en múltiples campañas (autonómicas, estatais ou europeas). Dirixiu e presentou o programa de debate “A Chave” na TVG e o informativo “A Crónica” na RG. Foi coodirector do programa especial que fixo a TVG pola visita do papa Benedito …

Santiago Ler máis »

marolapn

Padin Novas

Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de …

Padin Novas Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

Casa do libro de Marcelo de los Reyes

Intelixencia e Relacións Internacionais

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Segundo a RAG a intelixencia é “a facultade de coñecer, de comprender e de formar ideas” e acompaña a palabra dun exemplo na versión dixital do seu dicionario: “A intelixencia considérase unha facultade exclusiva do ser humano”.  Desde os inicios da psicoloxía como ciencia no S.XX e especialmente desde a fin da Segunda Guerra Mundial, a discusión arredor da formas e profundidade das intelixencias foi moi frutífera, popularizándose entre o gran público termos como intelixencias múltiples ou intelixencia emocional, complementarias ás tradicionais intelixencia matemática ou relacional.
Capa do IAR 21-22

Desorde pandémica, interdependencias e guerra

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Se no 2021 titulamos o Igadi Annual Report 2020-2021 (IAR) «Nova normalidade e sociedade de risco global» un ano despois o IAR 2021-2022 ten que apuntar de maneira central ao novo teatro de operacións mundiais que a guerra entre Rusia e Ucraína protagoniza, coa moi tensa participación indirecta da OTAN e demais convidados, de Finlandia e Suecia a China ou a India, por citar algúns. 
Capa da biografía de Don Luis

Don Luis

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento
Coñecín a Don Luis no ano 2009, el era guatemalteco e case nicaraguano, contaba daquelas sesenta e sete anos. Coñecino coma marido de Dona Gladys, Directora do Instituto de Promoción Humana-Somoto (Nicaragua), nunha visita a Galicia organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Durante unha semana Dona Gladys fascinounos coa vida dos proxectos de cooperación do INPRHU-Somoto que financiaban o municipalismo galego e a Xunta de Galicia. 
Fonte; White House

Dos Xogos á Guerra

Apartados xeográficos Asia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Os Xogos de Inverno Beijing 20202 desenvolvéronse entre o 4 e o 20 de febreiro, nun ambiente enrarecido pola desigual xestión global da fase pandémica actual e a tensión na sociedade internacional coa crise entre Ucrania (e a OTAN) e Rusia. Tamén, o boicot diplomático dos USA aos Xogos, que durante o 2021 enredou á Unión Europea, xerou moitas expectativas no seguimento político ao macroevento deportivo, mais diluiuse no mediático así como a propia cita olímpica, polas tensións que acabaron coa invasión de Rusia a Ucraína, o 24 de febreiro. 
Tanxugueiras e a nova galeguidade Tanxugueiras e a nova galeguidade

Galicia e Brasil na década dos 20

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O novo marco legal da acción exterior española e galega desenvolve un amplo abano de posibilidades á hora de ordenar e dinamizar a acción exterior autonómica e aproveitar todas as oportunidades dun bo posicionamento internacional. Galicia está preparada para aproveitar ese novo marco, desde a nosa natureza na sociedade internacional, décadas de traballo público e subterráneo de  actores variados, así como desde o último ano cun marco xurídico claro, coa Lei galega de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento aprobada en marzo de 2021.
Winter Olympic Games Beijing 2022

Beijing 2022: Notas desde o atlántico europeo

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
1. Os Xogos de Inverno Beijing 20202 desenvolvéronse entre o 4 e o 20 de febreiro, nun ambiente enrarecido pola tensión na sociedade internacional coa crise entre Ucrania (e a OTAN) e Rusia. Alén deste factor de contexto extraordinario na atmósfera olímpica, que os Xogos se programaran e desenvolveran en pandemia foi outro elemento histórico. Tamén …

González Palau Ler máis »

xuliorios

Ríos

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro.  Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

Nunha xuntanza do Consello Reitor do IGADI

O minhoto Franco Grande

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Se algo define a identidade de raíz de Xosé Luís Franco Grande, esa é a condición de militante minhoto, un perfil que vai mais aló das súas orixes en Tebra – a onde sempre tamén regresaría- e que cabe afincar na cosmovisión principal das súas percepcións intelectuais básicas. Ese estranxeiro próximo arredor do Minho era …

Ríos Ler máis »

Unha mediación chinesa en Ucraína

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Diferentes voces teñen clamado por unha mediación chinesa que poña fin á guerra en Ucraína. Especialmente, voces europeas, algunhas delas moi responsables tamén do que está acontecendo, mentres medra a indignación. Sen embargo, China mantense cauta e implícase só parcialmente nesta dinámica mantendo o diálogo aberto coas partes en conflito, facilitando axuda humanitaria, multiplicando os chamamentos á moderación e acompañando os diferentes esforzos mediadores e as negociacións directas.

Ucraína cambia Europa… e tamén o mundo?

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Guerra de novo en Europa. Conforme pasan os días, pese á asimetría dos belixerantes, a expectativa dunha operación rápida e limitada no seu impacto está moi en dúbida. O nivel de destrución e as consecuencias humanitarias agrándanse co paso das horas e a hipótese dunha dramática evolución “á chechena” vai tomando corpo en paralelo ao incremento da resistencia ucraína ao invasor ruso.
Capa Tempos novos nº298

Ucraína, guerra en Europa

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Europa de novo en guerra. Ucraína convertida no cordeiro do continente. Un fracaso colectivo. O presidente ruso Vladimir Putin, a contrafío dos seus reiterados anuncios de que non ía invadir o estado soberano centroeuropeo, mobilizou as súas tropas para se asegurar o control de todo o país nunha operación lóstrego –veremos se ese propósito se confirma finalmente- e impoñer as súas condicións a Kiev. ¿Reacción? A lóxica condena con peche de filas arredor da UE, os EUA e a OTAN e anuncios de sancións de perfil ascendente e resultado incerto. A China, gardando distancias nun difícil equilibrio. A ONU, mais unha vez, irrelevante.
100º aniversario do PCCh

O factor nacional na traxectoria do PCCh

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O Partido Comunista da China (PCCh) celebrou este 2021 os seus primeiros cen anos de existencia. Constituído baixo o influxo da Revolución Rusa de 1917 e co impulso da IIIª Internacional nun contexto de grave crise nacional (fase terminal do feudalismo imperial e secuencia de guerras civís que trabaron a proclamación do Estado moderno unha década antes), tres lustros tardou en dilucidar internamente a primacía do factor nacional sobre outras variables no seu proxecto político.
A UE debe tomar as rendas da crise da Ucraína

A UE debe tomar as rendas da crise da Ucraína

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Como empezou o conflito? Atendendo á versión dos países occidentais, trataríase de axendar unha resposta contundente á mobilización de tropas rusas na fronteira ucraína; atendendo á versión rusa, trataríase de evidenciar ante a OTAN a firme vontade de conter a expansión desa organización máis ao Leste porque entende que iso suporía unha grave ameaza para …

Ríos Ler máis »

Capa do Tempos Novos nº296

Callará unha nova guerra fría?

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nada invita a pensar que o exercicio entrante 2022 experimentará unha modificación substancial da axenda precedente. En efecto, tras un ano de presidencia da Administración Biden nos EUA, os fundamentos da nova contenda estratéxica global establecidos durante o mandato de Donald Trump víronse non só confirmados senón mesmo acentuados, ensaiándose agora opcións sen dúbida máis eficientes e afastadas do histrionismo do líder republicano.
Parlamento

De Camilo a Fraga pasando por Martínez Puñal

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Na secuencia estatutaria que se abre en 1981, a acción exterior de Galicia ten dous fitos a conmemorar no ano entrante. O primeiro é a proposición non de lei dun tratado de relacións culturais entre Galicia e Portugal. Foi en 1982, hai corenta anos. O segundo, a creación da Secretaría de relacións coa UE e Acción Exterior no organigrama da Xunta de Galicia. Foi en 1997, hai 25 anos. Eses dous fitos, cos seus respectivos matices, marcan a progresiva irrupción da acción exterior na axenda política galega.