IGADI: Para comprender o Mundo desde aquí, para proxectar a Galicia no contexto internacional

Slider tanxu 3OGALUSInforme anual acción exterior de Galicia 25 anosIGADI ANNUAL REPORT 2022-2023: Globalización e multipolaridade en tempos de GuerraMapa A Coruña globalGala A República dos SonhosRevista Tempo Exterior 45
Think tank galego desde 1991.Dia das Letras 2024

Últimas noticias

igadi annual report 2023 2024 424x600 1

Publicamos o noso informe anual de relacións internacionais e política global, dispoñible a 17ª edición do IGADI Annual Report

Baixo o título «Eleccións e Guerras perfilando a multipolaridade» o anuario presenta as Chaves do 2023 e as Perspectivas deste 2024, acompañados de 10 análises por áreas xeográficas e transversais que atenden á nova natureza e formas da multipolaridade en curso, proceso que o IGADI Annual Report retratou nas súas edicións anuais desde o ano 2008.

O anuario do 2023-2024 conta coa participación de 12 analistas do IGADI, que desde Galicia, os EE.UU, México ou Arxentina, poñen a lupa nos principais acontecementos globais do 2023 e o 2024. O IAR conclúe coa identificación das Personaxes do ano 2023: Prigozhin, Jennifer Hermoso, Elon Musk, Binyamin Netanyahu e Javier Milei.

O ano 2024 atópase, así, marcado pola interacción entre as eleccións en 70 países e o aumento dos conflitos de seguridade nos cinco continentes. No horizonte final deste ano electoral global, as eleccións do 5 de novembro nos Estados Unidos delimitarán un dos grandes marcos dos próximos anos.

Presentaremos o IGADI Annual Report 2023-2024 de maneira pública, coas persoas editoras e analistas, o próximo día 6 de maio ás 12:30 na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Podes descargar aquí o IGADI Annual Report 2023-2024, que por decimo sétimo ano conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia.

Ler máis
foto carolina

A Fundación Carolina e o IGADI asinan un convenio para promover o uso científico do galego

Os documentos intercambiados estarán accesibles para a súa descarga gratuíta desde as plataformas respectivas da Fundación Carolina e a Revista Tempo Exterior do IGADI. As temáticas dos artigos escollidos vincularanse ás liñas de traballo converxentes entre a área de Estudos e Análise da Fundación Carolina e o IGADI, en temáticas como a cooperación internacional, multilateralismo, rexionalismo, ou relacións entre a Unión Europea e América Latina. Os autores serán académicos e especialistas iberoamericanos.

Na xuntanza para formalizar este mecanismo de cooperación participaron por parte da Fundación Carolina, Érika Rodríguez Pinzón, a súa directora, e Andrea Mila-Maldonado, investigadora da área de Estudos e Análise da Fundación Carolina. Polo IGADI, Daniel González Palau, director, e o director da revista Tempo Exterior, Celso Cancela.

A Fundación Carolina é unha institución público-privada sen ánimo de lucro que promove as relacións culturais e a cooperación en materia educativa e científica entre España e os países da Comunidade Iberoamericana de Nacións. Fundada en 2000, o seu obxectivo é fortalecer os lazos entre estas nacións a través de programas de bolsas, cursos, investigacións e proxectos conxuntos. A Fundación Carolina desprega actividades en áreas como a educación superior, a cultura, a ciencia ou a investigación.

Ler máis
IGADI - La Agenda 2030 y el diálogo China-Iberoamérica

O IGADI e a Academia da Gobernanza Global & Estudos de Área da Universidade Tecnolóxica de Guandong lanzan “A Axenda 2030 e o diálogo China-Iberoamérica”

A publicación ten a súa orixe na misión fundacional do IGADI de divulgar o pensamento de Nacións Unidas, así como do traballo compartido das nosas liñas de investigación en Cooperación Internacional e Axenda 2030 e o Observatorio de la Política China.

Baixo estas premisas, vinte e un especialistas, once procedentes de China e dez de países iberoamericanos, responden as seguintes cuestións: Como entende China a Axenda 2030 das Nacións Unidas? Como se aplica a Axenda 2030 e en que estado se atopa nos países iberoamericanos? Que áreas dentro da Axenda 2030 serían máis apropiadas para aumentar as alianzas entre China e Iberoamérica para os retos comúns?

Na publicación combínanse a análise do estado de desenvolvemento da Axenda 2030, xunto a artigos que analizan a proposta chinesa da Comunidade de Destino Compartido, en temas de relevancia como a orde económica mundial, a intelixencia artificial, a cooperación universitaria ou a tradución linguística… amosando as converxencias desta coa Axenda 2030.

No berce da colaboración entre o IGADI e a Academia da Gobernanza Global da Universidade de Guandong aparece de maneira central o Obxectivo 17 da Axenda 2030, a promoción de alianzas co obxectivo de lograr un desenvolvemento pacífico e próspero nun mundo interconectado e interdependente.

O Cumio do Futuro de Nacións Unidas é unha oportunidade para mellorar a cooperación internacional, afrontando desafíos críticos e lagoas na gobernanza global. Celebrarase o 23 e o 24 de setembro baixo o título “Solucións multilaterais para un mundo mellor”.

Podes descarregar a publicación en castelán (con 2 artigos en portugués) desde este enlace.

Ler máis
XIVSimposio

Inscríbete na XIV edición do Simposio Electrónico Internacional de Política China (21 e 22 de marzo)

A XIV edición do SEI dalle continuidade aos obxectivos das trece edicións anteriores, na procura de abrir o coñecemento e o debate sobre a situación do xigante asiático trala celebración das lianghui (que inician o 4 de marzo), as sesións anuais da Conferencia Consultiva Política do Pobo Chinés e a Asamblea Nacional do Pobo.

No Simposio participarán presentando os seus relatorios 21 investigadoras e investigadores de 8 países iberoamericanos, achegándose de maneira temática a elementos políticos, culturais ou económicos da China do 2024, prestando especial atención ao diálogo iberoamericano coa China.

Pode consultar o programa na web do Observatorio de la Política China e inscribirse gratuitamente no mesmo.

Ler máis

Análise e actualidade

A información sobre a realidade nacional e internacional na túa caixa de correo

A newsletter do IGADI infórmate de todas as novos contidos na nosa web

QUERO SUBSCRIBIRME

"Celebrando 20 anos: Desafíos e fitos na ampliación da UE e a problemática kurda en Turquía" por Espiñeira, Tamara
Espiñeira, Tamara

Celebrando 20 anos: Desafíos e fitos na ampliación da UE e a problemática kurda en Turquía

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
A aproximación da Unión Europea (UE) á expansión é semellante a un estratéxico xogo de xadrez, influíndo profundamente nas súas dinámicas políticas e relacións con países veciños. Fai dúas décadas, a UE celebrou unha expansión histórica en 2004, un momento que redefiniu a traxectoria do bloque. Porén, as complexidades da ampliación da UE implican moito máis que simplemente dar a benvida a novos membros; require unha rigorosa avaliación contra criterios ben establecidos. Esta semana, ao conmemorar o vixésimo aniversario desa expansión crucial, é esencial unha reflexión profunda sobre os intricados criterios e desafíos enfrontados durante o proceso de ampliación. De especial interese é o "criterio político", especialmente en relación coa candidatura de Turquía naquela época.
"Balance da Presidencia Española da UE 2023: máis histórica ca mitigada, pero menos imprescincible do que se pensa" por Pazos Vidal, Serafín
Pazos Vidal, Serafín

Balance da Presidencia Española da UE 2023: máis histórica ca mitigada, pero menos imprescincible do que se pensa

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
Como dixo Rubalcaba no seu día, en España entérrase moi ben, mais o que mellor sabe facer é recibir moi ben. 85 millóns de turistas ao ano aválano. Cando as folgas estudantís de Chile levaron a trasladar o megacongreso que é o cumio do Clima de Santiago de Chile ao IFEMA de Madrid en apenas unas semanas, España acolleu a COP25 sen despeitearse. Así,  o espectáculo musical-gastronómico para líderes europeos na Alhambra foi alcumado polos asistentes unha  “Gran nada”, pois  pouco saíu dalí sobre o futuro de Europa que era o obxecto da cimeira.
"Desigualdades disparadas" por Ríos, Xulio
Ríos, Xulio

Desigualdades disparadas

Nun recente informe do seu clásico sobre desenvolvemento humano do PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento) alértase do agravamento das desigualdades e da polarización política a nivel mundial. O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) mundial é una medida resumida que reflicte categorías como o Ingreso Nacional Bruto per cápita, a educación e a esperanza de vida dun país. En substancia, o que nos di o informe é que o IDH progresa nos países ricos mentres retrocede nos países máis pobres.
"Que relación garda o Cumio do Futuro coa Axenda 2030? (Especial, Cuarta parte)" por Valiñas Pereira, Ainara
Valiñas Pereira, Ainara

Que relación garda o Cumio do Futuro coa Axenda 2030? (Especial, Cuarta parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.
"A revolución fotovoltaica en Galicia virá de Europa" por Sande Veiga, Diego
Sande Veiga, Diego

A revolución fotovoltaica en Galicia virá de Europa

Liñas de investigación Economía Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
Segundo informa o Parlamento Europeo, tres cuartas partes das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE débense ao sector da enerxía, que envolve á produción de electricidade, de calor, e ao seu transporte. Por este motivo, e para acadar o obxectivo de neutralidade climática da UE para 2050, acelerar a implantación das enerxías renovables é un factor clave para reducir as emisións do sector eléctrico e avanzar na estratexia “verde” europea. Ademais, a escalada da guerra na Ucraína acelerou a necesidade de desconexión europea das enerxías fósiles, tanto pola “recomendación” da OTAN de non contratar co veciño ruso como polo encarecemento  enerxético froito das compras de gas natural licuado estadounidense.  
Concello de Pontevedra

Rede IGADI