Un Día das Letras cheo de solidariedade internacional: O IGADI publica o último ensaio do profesor Bichara Khader “Palestina, a traxedia permanente (1946-2024): Unha chamada para espertar a Europa”
No Día das Letras Galegas 2024, adicado á escritora Luisa Villalta, desde o IGADI reivindicamos o valor da súa obra e do seu compromiso coa humanidade e sumámonos á celebración coa publicación en galego do novo ensaio do profesor da Universidade Católica de Lovaina, Bichara Khader. O profesor Khader é un dos grandes especialistas no mundo árabe contemporáneo e nas cuestións euro-árabe e euro-mediterráneas; pois as Letras galegas, tamén, están no mundo e ven o mundo desde aquí.